martes, 9 de maio de 2017

Cousa seria...


Limiar di Napoli .Dobrez de folla.08/18/2015



Inda estamos a medio camiño entre o animal e o ser espiritual.
Mil anos máis ?
Não foda...



Meu  amigo :
Que cho teño dito.Que non vou falar do que falan outros, os entendidos, os que saben falar.
De cousas serias.Moi serias.
De cantos mortos hai.Dos roubos.Dos infortunios.Dos avances.Das loitas.Da ciencia.Da tecnoloxía.Do " Think Positive" e a Nova Onda gastada de chiringos montados para o éxito e para a felicidade, nun mundo tolo.E material.Sexualmente material.Instintitivamente racional.E mordaz como morde o capital e o comunismo, a filosofía e a relixión.Como se dán a mán o cataclismo e a salvación, para saber cando entran e saen da escea.
Vamos...
Falar de cousas serias...
A iso veño.
Hai cartas.Moitas cartas! Que calas as tuas ansias coa tua amada.
Non falas daquilo que agochas, porque falar de Amor se non é a lo grande, non se fala.
Porque unha vez me dixeras que estabas namorado.
Que iso era unha merda.
Pedías vacuna de inmediato!
Vamos...
Sexamos serios
O namoro é unha escusa, un pretexto para estar máis vivo, ou xustificar a enfermidade na que nos sumimos todos xuntiños en suciedade.
O namoro é onanismo puro.
Amamos o que queremos para nós mesmos.
E...Está ben.Porque nos move a ser aquilo que ansiamos, a ver o espellismo, a permitir á Imaxinación que dé sentido á existencia sometida.
Vamos...
Agardo unha carta seria pola tua parte.Na que dés detalle de como avanzas nesa loita.
É agradable ver como inda se pode cambiar o mundo nunha loita que sempre nos fai exame de autoconciencia.
E sí.Para todo o resto do que nesta epístola obvio.Ponlle un "me gusta"
Estou contigo
Un abrazo con raíces e follas
Mapa

Algún día en Yurimaguas

Onde nacen os paxariños que cantan.       Inda xullo.2016
" ... Vous me faisiez sentir
un vide doulourex, une tristesse
que je n'ai jamais éprouvés qu' alors."
               Charles de Foucauld



Irmá :
  Non acostumo a mencionar citas doutros, e menos cando as escollo ao chou de voces para min descoñecidas.
De linguas para min descoñecidas.
Inda que o francés sexa música e inspiración.
Este feito que non acostumo,
por semellarme pedantería de tahúr intelectual,
é nesta carta túa.Escrita sobre a tua pel
que me envolve en aire
e cae
por un dedo
sobre o cristal.Roto.
Unha revelación.
Algo que se pode reparar é o corazón.
Inda estás a tempo.Recórdasme.
Volta e volta na cama centenaria.Érguesme.
Máis forte que o canto do paxaro.O espírito que che oe cantar
Antra os silencios.Érgueme
E achégome á eterna infancia da ventá.E arrecendos
Trato de describirche o que vexo.Detrás do cristal.
Vexo a vida.Escoito a morte falar
do pensamento e da viaxe
do silencio e do verbo dos poetas
Corro parando o tempo.Abro un caixón do escritorio.
As anduriñas sobre o papel.Caladas
Déixame! Aquelo que non son! Falar...
Un libro verde da selva peruana: Yurimaguas.
A irmá de Xosé está alá, nunha misión.
Iría...Penso decindo.Se non fose polas serpes.
Sorrío de medio carreiro como sorrí o tahúr facendo trampas.
E búscome noutro libro.Unha terra máis perto.
Para unha palabra túa
O terceiro libro era vermello como a vida, e verde.
E falaban de Dios, voces que descoñezo.Quizais...Nin de Dios falaban.
Porque falar foi só pensamento.
Foi por iso Irmá
que me gardei terra adentro
Grazas a iso ti ensínasme
a navegar coa tua recoñecida voz  no océano do silencio
  





Con Amor
MaPA

Pruma e chumbo


Pequena Nápoli.      Cidade contradictoria.   Última semán.


Estou viva porque choro.E choro porque te sinto petar na miña porta.Paxaro dos arrecifes de ollada azul.


De novo,aquí sentada escribíndote unha carta, dende un banco de xardín.Amparada por miles de seres que descoñezo.Madeira.E aromas de resinas.
No alto dunha pedra canta unha vella que nunca morrerá.
Mentras a miro, penso en ti.
Nas novas que me traes dende o mar.
Falas de vida e da suxeición da vida: A continua curiosidade polo mundo.
Permíteme esta carta sen alento Irmá.
Estou cansa de limpar a ferruxe imaxinaria do meu barco.
Escachei nunha noite de temporal e seguín navegando ata só aboiar.
Non é nin queixa nin verdade.
O absurdo báteme na cara e fai que non poida pensar en cousas normais.
Contarte  que non hai novidade, comprei unha boa parcela de ignorancia ao Estado de non estar.Tramito papeis noctámbulos que se traspapelan polo día.
E mentras durmo,chuchando do teto da loba.Cansa e estéril de soños.
Sen saber de onde veño.
E sabendo do gran segredo do tempo.
Diríxome a ti Irmá
Ao vento dos teus cabelos emblemática bandeira da Libertade:
Segue Poetizando o Mundo


Un abrazo
Con Amor
Marta

Corazón




Pequena causa dun inferno

Pequena Nápoli.Febreiro 2015



Como se fixera algo malo, agóchome e agardo.
Xustifico o cansanzo.E cánsome.
Xustifico o  fastío pola espiña dorsal e provócome dores de rixidez mental nas articulacións.
Roio os dentes.
Comprímome e reprimo o tempo.Irreal.
Sei que é absurdo.
Practico o absurdo con solemne importancia.
Demasiado perfeccionista  para saber perdoar.

Como se fixera algo malo, agóchome e agardo.
Preparo unha infusión.Entro na cama coa roupa do traballo.
Quero esquecerme ata do meu corpo.
E pensar en ti.
En por qué e por quen xuraches.
A que mal nome entregas a tua vida.
E apagas a luz dos ollos cada día na cama,
tratando de olvidar.
Ata que por fin olvidas.
Por fin olvido.
E logo digo :
Non!
E o "Non!" reverbera e
tropeza cada día
como un eco en cada palabra
que pense e diga.
Non...
Un Non velado e traidor coma o mellor
dos maridos e o máis compracinte
amigo.
Un  Non palpabreal.Un non albor e solpor.
Sístole e diástole.
Ata enterrar
Enterrarte baixo as mantas.Como agora fago eu.
E agardar a un xuízo
que non coñece de castigo para o absurdo.
Entón somos
ti e máis eu
Os responsaveis da nosa lenta destrucción por Amor
Por Amor
mal entendido.




Con Amor

MaPA

Café con leite e viño tinto


Detesto ós que
  piden perdón pola
súa existencia.
      E dan demasiadas
             explicacións.
      Detesto calquera
           forma de sumisión.
              Inda que a
            maioría se practique
                 por supervivencia.
  Detesto a aniquilación
    da dignidade nosa, por nós
                                            mesmos.
Detesto ter que calar
--------       para non----
                                errar.
          Erro !
E erro mil veces unha
           se fai falla .
Non calan os que enganan
para gañar poder...Poder
         ----
         ----   
       Foder ós demais .
  Non calan.
Quenes ensucian coas suas
       palabras .
                  Non calan .
          Ocupan , expándense e
    ---------- !   ------
                          Acaparam .



  P.D.
         NON PIDO PERDÓN
  

Tempo e pensamento





Pesa o pensamento
que dilúe o tempo...








Pola boca Amor.
Pola boca
...


Con Amor
MaPA






Amando o descoñecido


Vilacresía  Vinte e catro de xuño 2016 , venres. 11:11 AM





Sentados en pupitres,xa non somos os nenos de antes.
Él molla o croissant matemáticamente partido, no café.
Salvando derramar no xornal algunha pinga de vida.
Pasa páxina. E frótase as mans.
Eu  agardo á temperatura ideal do meu té con xazmín.Imaxinando que ese Xardín existe , que está dentro de mín.
Arrespaño os anaquiños de améndoa tostada que foi da napolitana.
Pido máis.  Todo se acaba.
E é nese sabor final.
Nesas farangullas
No que se vai...E se está indo, sorbo a sorbo no meu padal.
Onde acho a victoria da vida
Ante a miña,por exemplo,
Inútil Resistencia.
É no limiar onde amo
porque xa non agarro o que temo perder.

Fáloche todo o claro que agora sei.

Desde o Amor
MaPA






Luzada

Pequena Nápoli.   Madrugada do 21 de xuño , 2016




Alegroume saber que che gustara.
Ás veces síntome como un titán cargando o peso dun mundo , o meu , que non existe.
Outras, vou na procesión do mundo.O mundo de outros.
Teño soñado co mundo que quero, é certo, pero ao contalo roubáronmo.
No meu mundo deixo as portas abertas de vez en cando.
Logo péchoas. E perdo a chave.
Entón xa ninguén vén a visitarme...


Tropezo coas palabras.E elas comigo.
Escribes :" O meu mundo "...
E claro, primeiro tropezo co posesivo.E logo tropezo co mundo
ao que me apetece darlle unha patada e mandalo fóra de tódolos contextos sempre que o atopo. Ahí , tan resabido e inchado.Ocupándoo todo.Enchendo as bocas.
Como : " Felicidade"
" Os outros "
" A xente "
E a terceira persoa do plural en conxugación conspiradora...
Pregúntome á mellor hora para as preguntas inservibles.Que qué será " mundo". E se hai un "meu", é porque hai máis, e supoño que distintos.
Ou...Repártese o mundo a cada quen o seu pero copias dun outro mundo orixinal?
Un mundo orixinal.
E a súa reproducción...
Qué sei eu o que é mundo..!
Pero acabo de chegar á casa na madrugada.Despois dunha longa xornada, xa sabes.
Non hai gato que ande co rabo levantado.Nin can que veña a recibirme.Hai un televisor sí, mais qué sentido tería seguir sen pensar para durmir.
Eu o que quero é pensar.Depurar o ruído.Polución nocturna de pensamentos.
E tropezo con " mundo".Dasme un motivo para ese enfado crónico que veño padecendo.
Esa bola abstracta aliméntase de pensamentos.
Como un oráculo gordo , fala.Dogmático e caótico.
Pare criaturas que devora.
É do Soño a orixe e a evolución. Mundo "lle chaman" " eles" ...
Hai un mundo dentro da miña boca alén das profundidades das entrañas.Unha nebulosa por onde brota a luz do Manantial entre a solemne escuridade complementaria.
Hai un mundo nano insertado nalgún lugar do meu territorio neuroplástico.
Infinitas secuencias descoñecidas xerándose en entidades.Ahí fóra desta envoltura que te escribe.
O mundo paradigmático e o prostituído mundo.
Lugar ou Poder
-Delirio-
Xa non sei do que falo...
Mundo é básicamente unha palabra
que me enche a boca.Unha POMPA
Unha borracheira
Creo que sí.Que despois de escribirte esta carta podo irme a soñar tranquila.



UN ABRAZO
Con Gratitude
MaPA







Carta rota

Nun bar, desos de decoración e sen alma.  Un día de corenta e oito horas.Pola mañá á sinistra hora das doce do mediodía.
Neste ano que nos pasa por riba.Xuño 2016
Para ti.Sempre Muller.



Insisto en deportar a memoria mentras esas mulleres se sentan nas portas.
De casas con furados negros, e cortinas de saco ao fondo.Tristes tigres.Pasan...
Os seus ollos seguindo o rastro de ningún home, quizais un.Uns poucos.Ningún se achegará.
Non esperan que ninguén as salve.
E falan para o vento no seu idioma
mentras baixo pola rúa do pracer.
Pola súa porta...

Mírote de esguello princesa. Igual que se foras unha fera enxaulada.
Teño medo do que penso porque non podo verte.
Grande e Gorda é a miseria.Negra!
Quen che defende cando te rompen?
Onde te agochas do sol ?
Miras o pan na mesa.E a botella
Auga que corre
Vida que segue
Fame que se mata
Memoria suxeita a unha promesa
que te fai presa.
Permíteme que pronuncie o teu nome no profundo do Corazón do Universo.
Fareino en Silencio.
Sentada á porta do sorriso da Inocencia
Alén das crenzas e da memoria.
Pídote Perdón

Con Amor
MaPA

Un recordo e París.


Desde o faro.Mirando ó mar que tantos segredos garda. Maio 2016





E se me faltara Notre Dame cando nalgunha noite pousara os meus pes con zapatiños de charol, no brilloso chan de París...
Que non me faltara.Que non me faltara...
Unha mañá.Un mencer.E un bico baixo as faldras da Torre.
Se me faltara o amor.Ese paxariño piador...
Que non me faltara a memoria.
Para lembrar cando voabamos xuntiños
un a kilómetros do outro.
Aih
Se me faltaras ti.Se me faltaras...
Que non me faltaran as tuas mans .Nin a música do teu peito.
Nin a promesa do verbo
Nin o día do teu aniversario
para que se faga carne diante
da fiestra aberta que dá ao cemiterio
Un pa de deux
Onde bailamos
Onde seguimos bailando
no aire...
Que non nos falte.Un día .Unha outra vez...
Para amarnos
Para Amarnos...







Ata cando nos voltemos a encontrar
Mon Amour
MaPA

Aparecida

En Pequena Nápoli             Un día de abril







Sei que no axuste de contas.No derradeiro suspiro.Non quererei irme.E sei tamén que non deixo irse ós mortos.
Convertida nun ser medroso enróscome sobre min mesma e calo a voz dos días, agochada tras das cortinas.
Hai moitos xeitos de morrer.
Hai moitos xeitos de matarse.
A estupidez é unha lacra que nos vai comendo.
Como un cancro se desenrola.
Ti crés que por estar con moita xente, estar daquí para alá, sen parar.Sen pararte.Absorvendo todo información.Todo información.Sabes algo?
Vives mellor?
Tés a túa vida ordeada.Distribúes o teu tempo e rentabilízalo.
Estás vivo.Pero ó final do día estás só.E non é a túa elección.
Estou sobre a queixa.Dentro do medo.No templo da inconsciencia.Baleirándome e enchéndome á vez.
Tratando de non salpicarche.De pedir perdón cando o fago.De retirarme si che peso.De aparecer
De aparecer?
Sabes o que me custa aparecer?
E ti pensas que porque mo pidas a ouveos no medio da noite, podes facerme aparecer...
Aparecer.
Para qué?
Se non me queres ver.
Porque se me vises.Faríasme aparecer.
Pero vemos o que queremos.E vemos o que tememos.
Un pouco de cariño.Un pouco de calor.Algo tan vivo e tan sinceiro.