mércores, 23 de setembro de 2015

Foguetes

Aquí.Onde poidas verme.No mar.
                                                                      23 de Setembro 2015

Co ruxido da besta.

Esta mañá esperteime necesitándoche.Fixen carga de todo o que me molesta antes de meterme na cama.
Escatimeille rezos aos santos, gardei como de costume as tarefas e os soños, para mañá.
Espínme sen mirar o meu corpo.Sen mirarme á cara.Puxen unha muda soa que non me atase e dobre ración de mantas.Porque o frío lévase na ausencia.

Pensei, coma sempre, en non pensar.
Pensei, coma sempre, no ter que olvidar, que por certo, é a miña única constancia...

Olvidar é ir borrando ata a nada.A nada existe.Contradictoriamente.

Cada noite inxéctanma en cerebro.Mesmo, esta fenda pola que respiro e che escribo cartas, contribúe co buraco.
Na casa hai ruído e obsolescencia.
Explicareicho outro día.

Agora preocúpame a percepción da sospeita, e do perigo.
Acaba de pasar polo meu carón a sombra perturbada dese home que se fixo co territorio do areal , a escasos metros.Terá trinta e tantos anos perto dos corenta.De pel morena e mirada extasiada en continuo asombro.

Mireino.Remireino.Mireino aos ollos.E penso ...Hai corpos sen alma...
En qué momento se apodera a nada do corpo?
Por qué segue...Poderá ser recuperada ?

Humanos e non humanos coa mesma cara.

Perdinlle o rastro, non obstante agudicei os sentidos e abrín o ollo da nuca.
Detesto a ameaza.Non concibo este mundo enfermo. Non entendo o perigo.
Por qué un home mata a outro ?
Por qué a loucura ...Porque a loucura goberna.
E non é humán.

Adianteime uns pasos na area.A besta é inocente, por moitas vidas que se leve.Ela non sabe.Ou sí?

" La desconfianza es el mayor de los pecados..."
( decía unha voz miúda polo altofalante da igrexa.A uns metros dunhas mortaxas e a outros tantos duns chourizos e dunhas cacheiras salgadas )

" Quien te ha creado sin ti , no te salvará sin ti " 
( a mesma voz polo altofalante , a uns metros eu, a outros tantos un anxo de pedra sobre o tellado )

Necesiteiche ao espertar.
Botei de menos a VERDADE na miña vida.

Un abrazo Infinito

Ergo a ollada e miro ao mar.

Con Amor

Marta