luns, 26 de outubro de 2015

Lindas coas constelacións , sen marcos , nin estacas










Tardei oito horas en difuminar a alegría de saberme inxenua e lúdicamente "idiota " : ¿ Por qué cu , con k ? Terá certo tabú ou reparo ó escribilo ? ( ten en conta que as palabras teñen vida )
Non , as suas palabras teñen fío , curtan calquer tabú ( resposteime en primeiro lugar ) .
Será un malabar ? ou unha rebeldía ?

Oito horas despois , fronte ó fluorescente , ríame soa contigo ..." Hai ku " " Hai ku " ...Qué bo !
O rirse soa presta ben a unha mesma e desconcerta a que mira sen enterarse , maior pracer ...


Valente das esquinas , eu nunca as comprendín . Nin quixera facelo . O feng shui , está como un libro decorativo sobor da mesa do salón .
As esquinas teñen fío e curtan . Son incertidume e falsa neutralidade . Dicho alguén que a veces pode mirar simultáneamente á esquerda e dereita .

Imaxino que saiches dalgunha terra húmida e verdescente , onde o aire encharca os pulmóns e encolle os ósos ata pegalos ó espírito e á capa adiposa que aumenta , coa falla de calor .

Supoño que fuxiches sen brúxula , só coa estrela Polar . Sentirías a paleta cromática de fríos , e os teus dedos metaforsearíanse ante o teu ollar . 
 
Quen te acompañou na tua vaga viaxe de esquinas ? Foi o vento , verdade ? Houbo algún cán ? Ou por seres gato non podería ...

Valente que ousaches converter o 8 en dous 0 . Houbo sangue ? Mancácheste a rentes da pel ou da víscera ?


Nunca desprezo a sorte da música na rúa , e menos desprezo ós que desafían coa sua vida encollida ás miradas dos outros indiferentes e cheíños de frío quente , de gas ciudad ou gases varios . E si ese "Nunca " non fose de todo certo , fose  porque nalgún momento se me empañan as lentes e torpemente esquezo cal é o cristal e cal a verdade .


Calo , e penso no valor . Apenas o sinto . 
 
Confeso que a programación resultou un éxito para os que me inculcaron medo , agora o autocanibalismo é un exercicio terapéutico .

Menos mal que sempre nos quedarán as palabras , e cando estas fallen ...Virá o Silencio , quizais en forma de música , ou dun fulminante instante de vida e derrame .
 Todo este río que contemos , sempre quere chegar Á Mar .












P.D. O maior consolo está no Silencio , e a maior provocación , no mesmo .




Con Amor


Marta