luns, 9 de maio de 2016

A mar

Pequena Nápoli.              Día do teu aniversario. 2016









Non me atrevín a chamarte.Tiven tantas escusas que darme que non foi arriba a miña feble ilusión, por invadirte de sentimento e declaracións lindas.
Exhalo...

Estarás durmindo...Como o estamos.
Estarache doendo ?
Cal parte de ti, que xa non sentes.

Vamos...
Dame a tua mán.Eu son unha nena e non teño forza para erguerte, pero se ti te axudas
podes apoiarte en min.

Choremos os dous, veña
brindemos e bebamos o mar das nosas bágoas.

Pola Vida !

Cal puta e cal musa.Mais sempre, o diñeiro para unha, partida.






Con Amor


Marta







P.D.
           Hai brétema na estrada
           Un edificio navega ao lonxe
            onde non podo chegar...

            Nel,  homes rudos beben,

             e non temen á morte.

            Homes sensibles beben
            e xustifican as suas bágoas pola vida
            coa salsa máis picante que haxa.


            Homes libres non escoitan ás  
            sereas.
            Homes sensibles, condéanse    

  para                                           sempre
Ao escoitar

          Cantos doutro tempo,
          dentro dunha botella.