mércores, 4 de maio de 2016

Lobos

" Posto que reina o equívoco, clarifiquemos as palabras." 
      
             ( Alain Badiou ." Un desastre escuro"
Xoves dez de decembro.Pequena Nápoli.





Crés que teño algo mellor qué facer que estar a esbardalhar contigo aquí ?
Se o teño , dimo.Porque non acho nada mellor que este fanatismo que me trae en letras.
A veces teño medo de non ter a ninguén a quen contarlle as miñas cousas, que tampouco é que lle interese a alguén , mesmo a min me resultan indiferentes e indixestas por iso as boto aquí.
A probabilidade de recibir resposta é unha ilusoria porcentaxe entre o sí que non existe na miña cabeza e o non dogma.
Fas o que queres .Mentras eu obedezo un dictado férreo de control.
Que o deixe de facer...
Comezando pola queixa ?
Claro, para ti é moi doado.
Que é o que nos diferencia ?
Que eu vivo na melancolía , e ti só te permites ese estado de consumo en doses axeitadas.
Non podes permitirte a tristeza...Tesmo dito.
Cústame pensar ordeadamente.Estou empachada de preguntas que non sei  facer...
Total...Para qué?
Gustaríame contarte algo novo sobre os meus proxectos a curto e longo prazo.
Mais perdín primeiro as ansias e logo a esperanza.
Así que o proxecto que teño entre mans agora e
ir a estomballarme ao sofá.Deixar que caia unha hora enriba.E logo nove de golpe de talonario.
Saudar con cansanzo e hipocresía e deixar que pase...
Que pase esta tua cara que non logro arrincarme.

Con Amor
MaPA

Ollos de gato triste

Vermeo Sur. Día de marte.




Estouran no ceo.Os días.Pompas de xabrón.
Miña nai
Estou perdida.Unha vez máis
trabuquei a saída.Alguén me roubou.
Paguei ao ladrón dos días
Tributos de corazón e
as suas feridas.

Xa non no mar nin nas redes de peixe.Furadas
Xa non pola fiestra baleira.Da infamia
Estou lonxe

Miro ao ceo.
Ergo a ollada e alixeiro o corpo de desexos
Pero corpo inda estraña o que non viveu
O mundo cae aniquilado sobre a infinita.Estupidez

Amada
Lonxana terra da palmeira
Ollos de caracol universal.Espiral
Recolle.Os meus soños
E o meu silencio
Tece con elo.Para min
Unha nova pel
Insondável

Novo lugar para apousar as cousas que pesan

Nova Nápoli.Febreiro 2015




Tres serpes ó sol.E a noite que non chega.Na cidade dorme a idea de perder.
A xente cose a sua vida sen coñecela, para non perdela.
Pensa...Un día máis.
Un día, menos.
Só nos ollos das crianzas hai libertade.
Só nos ollos da verdade.
Deambulo pola cidade ,observando como o dedo corazón se queda pálidamente cadavérico.
Empezamos a morrer.Non continuamos morrendo.
Descubro nunhas flores na herba, que a vida non ten meta nin propósito.
Descubro o meu sentido da vida.Digo o meu:
Vivir.
Exercitar esto que ten vida e pesa.Esta materia intelixente.

Ouh...
Bótoche de menos.
O teu peso.
A limpeza das tuas verbas.
Inda estou aquí. Aprendendo os significados.
O significado de Amar Dar Aceptar
Deixar...
Aprendendo o significado de Vento
Silencio Soidade Esperanza


Sorrío como unha fervenza
Coma o mar
Como un títere
Como un títere
Como un títere...





Con Amor
MaPa