sábado, 1 de agosto de 2015

Carta de advertencia

Quitáronlle o "para qué" , e morríu.

Pobre Anselmo...

Caíulle o teito da casa enriba.
Atopáronno sepultado baixo unha morea de libros.
Dis que...Tiña o síndrome ese da falla de compaña.
E facíase acompañar por libros...
Como un home que busca cariño en prostitutas,
que non toca .
Quen mellor ca elas para satisfacer
esa demanda.
Elas, que moi probablemente a padezan.

Non cedamos ás hipocresías.
Polo menos eu non o farei nesta carta.

Ti coma min sabes da praga.
Sabes do virus.
Mesmo podería ir nesta carta...

Anselmo non era humano e punto.

Fóronno roubando pouco a pouco a través dos aparatos de frecuencias.
Pero claro...
Quen llo dí a quen...
E cómo?

O teito non cae enriba así coma así.
Foi él quen o precipitou en pensamento.

Falaremos disto en outra ocasión.
Preciso sair ao sol...

É importante

Un abrazo

Marta