venres, 18 de setembro de 2015




Venres.SETEMBRO 2015                                     Pequena Napoli





















" As plantas do lago
vironte unha maña.
O seixos as cabras a suor
estan fora dos dias,
coma a auga do lago.
A dor e o tumulto dos dias
non rabuñan o lago.
Pasaran as mañas,
pasaran as angustias,
outros seixos e suor
morderanche o sangue
-non sera asi sempre-.
Volveras atopar algo.
Regresara unha maña
que, alen do tumulto,
estaras soa no lago. "

                                           Cesare Pavese ( Poesias do desamor / Ed. Rinoceronte , traducida do italiano por Moises Barcia)







Esta traduccion obviamente tiña o til ben colocadiño. Non teño til no tecrado .Sei que pode molestar, e incomodo a vista tal anarquia ou...
O que falabamos aquela vez de non correxir os textos, ven sendo isto.
Que provoca en ti ?



Agora contesta Chus Pato a Pavese  cuns versos do poema de " Fascinio " :


" Se escavas
todas esas cabezas balbucean
defenden
¿que tumulo
que sinal
que comercio ou metalurxia ?
¿que maza sostivo o antigo heroe ?
Lago non hai
pero si
rodas
que non igualarei a redondos iris
que esparexen o gran

...  "



 Colla o libro que colla todos falan . Todos din? Caemos no debate de sempre , para embriagarnos , de que o importante...Era como decir ?

Traeme esos textos na lingua na que soñaba. Na que  lle saltaba un " cona " ou un " carallo " no seu equivalente. E despois falamos de toda a clase de licencias.

Ti sabes o importante que e isto para min. Por iso non me atrevo.
 Pideme insensateces varias e de insodavel consecuencia , que a priori fareinas e lanzareime cos ollos cegos.
Asi tomo os desafios. Como un touro. Nunca coma un toureiro.
Non coñezo tal arte de matar , na estreitura dun traxe que encolle a alma.
Miro cos ollos do touro ignorante e abraiado. Non preparo nada,
so quero sair por algunha parte,
que alguen vexa a miña sangue e sinta no sangue,  o berro calado
 que afogo , porque non acho ese estraño idioma
 que nos separa.


Elexiremos a Poesia. Que che parece ?
E a expresion da Libertade.

Estou desexando comezar. No meu, ando atascada en queixas. Non podo ler. E para cando non podo ler , o mellor e a Poesia.
Gustariame ter axuda. Pero non sei pedila. Non sei pedila...

Oxala puideses entrar en min , coma unha desas microcamaras que utilizan para as operacions, pero esta , para os pensamentos.
Non somos moito mais que cerebro e funcion, no que a human
respecta. Estou farta de andar con coidado ao expresar isto.
Tantas ciencias , filosofias , e ...Tanto...

Volto ao non " querer saber " , e non me preocupa. Minto.Non me preocupa.


Collo na man , un libro azul.Sensual. Encadernacion coidada. Xamais o virtual tera un corpo que meter no peto, que deixar baixo a almofada, que por na mesa caron dunha copa , preto da ventana nunha maña de setembro. Un libro.

Este e un poemario de Espiral Maior : LEOPARDO SON ( Pilar Pallares , con til no "e" )

Abroo :


Un fermoso debuxo dunha fada , non ten brazos , que ten azas.


         2
CRISALIDAS



                                 Para Alfonso Costa

crisalida de tempo amordazado
un soño aereo medra caladamente en ti
criache asas
para o asombro da luz

estoxo de ametistas
encausulada espera
despregaraste en miriades de instantes
bailaras ebria ao sol

( poderosas palabras ten a sombra :
esgazaras no vento en hora erma
nunha danza de morte apagaraste
embazara o teu ouro )








UN ABRAZO




Con Amor


MaPA























P.D. Estou enferma.