venres, 11 de novembro de 2016

A metade dunha carta

Pequena Nápoli        trece do once do dezaseis



Non sei por onde comezar.Velaquí o problema.

Non foi dabondo agocharme no tumulto e no ruído.Velar por un día máis antra o profanado silencio nocturnal,cada quen no seu nicho de vivo.
Non foi dabondo resistir.
Nin disimular cunha cara felíz, pero gastada polo pensar...

É hora de erguerse e marchar para ese lugar onde non chega a memoria.
E prantar, eiras enteiras de profunda sementeira verde.