luns, 29 de febreiro de 2016

Novas e notas

Nova Nápoli.  Último día de febreiro.





Recórdame que nunca te mate, pomba mensaxeira.Inda que morra de fame, e sexa a tua carne,só un bocado.

Apareces como a primavera en frío febreiro.
Non traes riqueza sen traballo.Mais sí traes promesa de vida.Aeterna Vida na Poesía.
Pois fóra dela, o que coñezo é todo árido.
Unha estepa onde perderse.As ruínas dunha casa inacabada.

Grazas polo que me traes.
Terra arada para a sementeira.

A promesa do pan e do viño  no xantar e na cea.

Que sexa a primeira de todas!





Escoitando a Amalia Rodrigues.Respondo ás tuas novas.
Pregúntasme que cómo ando.E respondes por min , con un interrogante.Quizais dubides no teu protocolario e extraviado interese.
Direiche que ando.Un pasiño cara adiante e dous cara atrás.De lado a lado, entre as febles raiolas de sol deste inverno crú e real
e as sombras do imaxinario.
Na procura de chegar a tempo a ese lugar onde estou agardando












Soa de novo esa canción na voz do anxo que te acompaña.
Rachando a luz irreal que envolve a Nostalxia nos teus soños.
Fas que respire de novo o Azul no verde.


Un Abrazo

Con Amor

MaPA