venres, 21 de agosto de 2015

Nova Napoli.Agosto 2015








O ruído non se vai.A él súmaselle o graznido chirriante das gaivotas nos tellados.
O ruído alónxase.E prevalece.
Os coches pasan sen présa.Como unha mañá tranquila de sábado.

Nostalxia

Non me quedan analxésicos.


O ruído achégase. Ameaza.
Quere embestirme de fronte.
O ruxido dun camión písao.
O ruído apártase.E insiste.Insiste.Insiste...
Alónxase
O cuco.
As portas que se abren.Cerrollos pechados e rexios.Ábrense.
As gaivotas tomaron o  ceo.Vixilan.Ameaza.
Os coches transitan.
Digamos que hai tráfico...




O mar chegou.Ao argazo

Nostalxia...

Non me quedan analxésicos.




Busco na fenda a tua cara.E a miña.

O teu paso pola vida deixa pegadas de area.

O mar chegou a elas.Aqui.Agora:

Nostalxia




A cabeza externaliza o que dentro coce.
Comezo a sentir as molestias.
Primeiro na casa.

De tódolos males "olvidar" é o peor.
Cando o olvido crece.E manda.E inunda.E non selecciona.E barre...

Barre o ruído.Tamén barre á persoa.






Confésocho :

O mar está chegando ao argazo.

Esperto antes que a recomposición
O subconsciente quédase atrás

Chego soa e sen nome a este mundo de papel.

Hoxe sinto nostalxia do Verdadeiro.
Daquilo que non depende da memoria nin do tempo.

Voltarás.

Reza para que eu volte.Reza en soños irmán.
Reza en soños...






Con Amor

Mapa