sábado, 18 de novembro de 2017

Advertencia:

    

la auténtica
soledad
no se
limita
necesariamente a
cuando
estás
solo.


O susto.
A decepción dun non xogador desde a barra.
Duas pantallas de televisión xigantes como dúas orellas xigantes para un xordo.
Estou en vilo.
O tipo cágase na súa ignorancia,pero non o sabe,  mentras
segue coa angustia diante dunha imaxe verde e pequenas
figuriñas movéndose.
Ergo a ollada
Sorpréndeme
mirándome
A miña angustia espera
A que pase a camareira
Con dous churros azucrados
cara a miña mesa.
Pero iso nunca pasará agora.
A camareira vai de volta
ó recundo da
barra
de onde saíu.
"Sempre hai unha saída", penso.
A veces ábrese no medio
do peito
Unha fenda
Unha fenda por onde sair
con vida
e supurar toda a merda
Na que o tipo se caga, por exemplo
mentras mira á pantalla en cor
Verde Esperanza
cunhas figuriñas movéndose.
Estou rodeada
de multitudes
que non me vén
e non vexo.

Un vello resopra
A cafeteira
Resopra
Eu pensaba que estaba
Soa
E só estou sentada
coa Angustia.

Leo nas páxinas
deste libro que me agasallaches

Un poema
De Bukowski.
Él sabe.

Advírteme
ollándome noutro idioma
no que non escribía


" Yes, Martha...
Yes.

A soidade.