martes, 30 de xuño de 2015

Carta ao Espacio

Amigo

Eu non sei cómo te sintes.Non estou no teu mundo.Mais non ha de ser tan alleo ao meu.

Hai baixas,coma sempre cando se sae ao campo.
Sei,que non era preciso tanta violencia.Mais non me prepararon para o diálogo.Inda non.
Primeiro preciso demostrar constancia e coherencia.Con iso conseguirei o seguinte  ascenso.

Erradicar o "NON " e o " PERO " da miña codificación,está sendo tarefa árdua , preciso facer grandes esforzos para frear a evanescencia.
Estou tan lonxe ,como perto en distancia da terra.
Ti xa coñeces dos beneficios de tocar a terra descalzo e de abrazar a Irmandade.

As árbores dinme que me manteña e que non me achegue aos sitios mollados.
Ti eres doutra raza,doutro mundo semellante ao meu :

Descodifícate.

Intúo que non o farás.

Aqui os que foron preparados , saben do esforzo.
Cústame entendelo.
As formigas e os animais irracionais,tampouco o entenden.

O outro día estiven na taberna do Poeta.E abraioume ver unha armadura de lata ,doutro tempo.Cómo poderían defenderse con iso?
Na cara interna da porta do cuarto de baño había unha inscripción :

" O mínimo esforzo leva á mínima satisfacción "

Non me sobran os Amigos.Amigo

Mais é importante saber onde están.

Saúde e Sorte para a Misión.

A Vivir !

En Napoli A Grande e Misteriosa Terra
Era da Resurección