domingo, 2 de outubro de 2016

Rosa dos ventos

En Malpica                  2, de outubro 2016








Acabo de chegar e xa estou desexando voltar...

Aquí o mar é diferente.
O salitre penetra como unha vertixe .Acolle como un abrazo entre montañas.
De onde eu veño.De onde chamo o meu fogar, o mar é muller : A mar.
E ten os seus recantos calmos de ría nai e ten a sua bravura atlántica que comunica co soño do Novo Mundo.
Aquí, na Malpica, con nome de muller...
O mar é home.Hai unha paz distinta , unha seguridade con bravura, a que lle chamaría: Valor.
Todo é firme, dereito.
O mar recíbeme calmo, co seu sorriso de vello mariñeiro.





Con Amor

Marta