luns, 8 de maio de 2017

Volcánica

e fíxenme máis dura ata ser unha pedra.
Resistente ós embistes.Ós asaltos.E humillacións.
Escorregaban pola ladeira pétrea das meixelas cada palabra proferida en contra da miña honra.As bágoas ácedas e corrosivas.Pero eu impertérrita.Inamovíbel.Esquencida de min mesma.Fun labrando un pozo interno.Un furado fondo onde gardar raiba e resentimento.Nel ía tirando tódolos cadáveres.Soños fillos mortos que nunca naceron.Mais dun amor caíu dentro.E afoguei con él.En cada enterro na miña escuridade.Estiven .Nunca faltei a chorarlle a ninguén.
Abondaba que fose un pouco de soedade en compaña , para que un líquido fluorescente incendiase  as miñas entrañas.E convertida en Palabra subía unha e outra vez á superficie do mundo.Para estourar...

.