Non estarei. Estou Agora
Mírame en tódalas partes
Que che rapte o vento ou a brisa
e os aromas
A ollada das estrañas
Todas as bocas que miras
son a miña máis lonxana
Arde
Coma un tolo
tolo
Tolo!
Vas coma un tolo entre a xente
Escóitasme no teu desexo
E o teu desexo debúxalo sobre o meu corpo
Agora
Todo é perfecto e invisíbel ós ollos do mundo
Mentras vou dentro
Ardendo
Ti debúxasme
En Silencio e Invisíbel
.