martes, 3 de maio de 2016

Cucar ó mencer.

Pequena Nápoli            R/Ruído n4 , catro de maio.2016.








Das tres luces, elixo a que rebenta.


Quen dixo que non se pode voltar, a ese punto onde comeza a escuridade?
Desdecir.
Voltar sobre as palabras ata chegar á intención detrás de todas.A esa que avergoña.Á de natureza mesquiña ou manipuladora.Ou simplemente : Á crenza no engano.
Desandar:
Voltar a transitar o camiño da verdade.Coa mesma pregunta constante...
" Para qué fun...Para qué quería a súa amistade...Para qué fuxo...De min.
Chega un momento, das preguntas, no que non se pode avanzar máis cara o descoñecido.Entón descánsase.E cálmase a emoción.Ou desaparece.Porque foi inventada.Como unha noite de tres luces.

Ambar , para o delito.Delirio.E ebriedade.Para tódolos blues, quizais.

Branca: Para a verdade.Cambiante e neuroplástica.

Azul : Sempre azul no ollo fulminante do Ser.

E así é como me ergo da cama.E sei que fuches un soño dentro do soño.
Acendo unha vela diante da orella de mar.
E rezo
Rezo pola Babilon.





Un abrazo  Libertade

MaPA



P.D.O vello queda cucado.