mércores, 12 de outubro de 2016

Fabulística...La Gallina!


Pequena Nápoli               Hoxe







Non sei si che pasan a ti estas cousas.Ou nunca che pasaron nin che pasarán.Porque eres ave doutros territorios, da alta montaña, inda que vivas preto do mar.A tua visión define outros voos.
E pranear...
Cómo admiro o pranear da gaivota sobre o mar!
Saber utilizar as correntes, mesmo nas tormentas.
Sobre todo : Na tormenta.

É vertixe
O que che quero contar.
Sentir vertixe ao elevar o voo no escribir.

Imaxínaste un paxaro con vertixe?





Podo imaxinar unha galiña no curral.
Unha galiña parda, do país.
Unha galiña solitaria.Que se afasta das outras e das suas tarefas de botar ovos e soportar un galo.Un galo calquera, que probablemente, seguramente, non sabe voar, nin canta ben.Sobre todo: Non sabe cantar.

Podo imaxinar a esa galiña pensando.
Unha galiña pensante!
Véxoa mirando ao ceo.
Cegándose, parva, co esplendor do sol.
Asexando dende a terra o voo doutros paxaros.
Preguntándose...
Respostándose:
Non podo.

Mais coma calquera galiña do país, que ande a peteirar na terra o seu alimento, e non sexa alimentada de penso, engaiolada...

Un día .Ou outro.
Mirará un pouco máis abaixo das altas nubes por onde voan aves migratorias e rapaces.E verá a alambrada.Ou o cerco.
Seguramente despois de pensar,ben.
Verá con optimismo : A posibilidade.
E o fin
do cerco.Ou da alambrada.

O conto segue...

Que sen pensar máis; a galiña do país solitaria e parda, libere dun chimpo o seu instinto de ave.

Quizais, vou imaxinar, que a galiña pensante deixa de pensar.E voa...
Voa!
Só voa.
Aleteando con todas as suas forzas esas grandes azas de galiña  que Deus lle dou.
Elevando o pesado corpo acostumado hai tanto, á terra.
Sen pensar...
Voa
Mira e vé outros paxaros pasar.

Quizais, podo pensar...Que nesa gloria.A galiña solitaria e parda do país.Se lle ocorra mirar para a terra












Lonxe da terra.Máis alá e máis alto.
Á galiña cústalle moito soportar a presión , e as suas azas ceden ao peso dun corpo afeito ancestralmente á terra.
Iso calquera o comprende.
O que custa imaxinar, é que a galiña parda teña medo a voar.E mirando para o chán.Tan abaixo,tan fondo e tan profundo pensar
en caer...Sexa de novo, voltar a pensar...

E a galiña pensou
que voou.
Imaxinouse danzando antra as nubes.Sen a visión do miñato.Nin a maestría coas correntes, da gaivota.

Voou,  Sí

Chegou por baixo do seu maxín.
Ao máis alto da alambrada.Ou cerco

E dende alí pensou nas palabras  coas que construir o libro da sua historia.Demasiado ocupada en decidir se fóra ou dentro daquel lugar














P.D

Inda non almorcei.Púxenme a escribir.E non puiden continuar.Unha ansia tróuxome ata ti.A contarche isto que non sei contar.

" Eu enténdome...Non serve de nada " ( sempre cho escoito decir )

Qué me dirías agora...Que penso que non fago.
Podo imaxinar que me dirías :

                 " Fai "


Fin...






Con Amor

MaPA