venres, 3 de xuño de 2016

Medo ao despois que encolle o durante.Corazón de acordeón no último estante.

Medo do despois...

Medo do despois.
Como se nunca existira o antes.
Medindo a métrica do amor
Pesando os seus kilates.

Suspiro.
Na distancia que me ampara.
Así, véxote todo limpo.O chán fregado da desolación.
O cuarto clausurado, outro festival.Outra ocasión.
A distancia que nos separa fainos
máis desexables.Máis perfectos , e menos verdade.

Espellos un doutro.Ningún sidecar para a viaxe.
Detida no arcén.Con présa.
Sabendo que chego tarde...
Escríbolle esta carta ao teu corazón.

Triste é esta urxencia.Bonita no seu drama.Patética
Violenta polo que non nos permitimos.
Ata onde chegan as nosas cordas
que ti entras na carne esquecendo
mentras eu marcho.Ata en soños.Marcho
pedindo lismona de amor.

Tódolos autos que pasan...
Coa sua velocidade sacoden o auto parado.
Vou detrás da última furgoneta branca que pasou.
Vivimos na carretera amor.
Na carretera.


Retomo a dirección.E o hourizonte ó lonxe
ti
como unha esperanza na traizón do que avanza.






Con Amor

MaPA