martes, 24 de maio de 2016

Para cando o silencio e o esquecemento.Breve declaración de infinito.







Tamén estarei

Cando o home sexa un dinosaurio.E o dinosaurio un recordo.E o recordo pó...

Estarei

Estarei igual.

Cando todo pase.Cando nada pase.E cando queiras que pase algo.





.



Abril Sempre Abril

Cando facíamolo amor

había un pasadizo secreto que percorríamos ,

ti co teu ollo esquerdo encaixado no meu dereito.

E mirabamos

a tentas

pola rendixa pechada da sombra

toda a luz que producíamos

Agora entre eu, ou sexa ti ,
hai un tránsito claroescuro en carne de pedra
que só percorren as arañas
en espera...