luns, 14 de setembro de 2015

Postrimerías










/ Pequena Nápoli.Setembro 15,2015







Causalidade platónica.Ti e eu.Detidos.Sobor de nós mesmos.Tan lonxe...



Ameite.


E logo esquecinme.








Paso as noites, vendo pasar as horas.Castigando ao corpo.
A casa está insoportábel.
Fala soa.
Baten as portas.Sen corrente.
Alguén se sentou na desorde.
Demasiado feo.Para deixarse ver.
Mellor así.
Nestes días.Novecentos días sen ti
Adícome a gastar todo o que se pode gastar
Gastar todo o que se pode acumular
Gastar o que se desexaría ter 
Gastar para chorar .Un pouco
cada día.
E limpar así a polución da mirada.


Non teño nada novo que contarte.
Sigo namorándome e desnamorándome
Unha avelaíña achégase á lampada e queda
un tempo.
Dabondo, para acabar calcinada
na candescencia.






Abrázame quero que volte o sono.


Con Amor :


Mapa




















Apenas ocupan sitio

Pequena Napoli.Setembro 14, 2015








" PLÖTZLICHE ANGST "     ( MIEDO SÚBITO )

Cuando en verano, con viento del Este,
se agita el polvo de septiembre y, en un periódico tardío,
los editoriales rozan la mística,

cuando las Potencias quieren cambiar de cama
y, para controlarlos, pueden fabricar
abiertamente nuevos artefactos,

cuando los excursionistas acampan en torno al fútbol
y la mirada juguetona de las naciones
refleja decisiones importantes,

cuando columnas de cifras obligan al sueño
y un enemigo camuflado resopla,
a través del sueño, arrastrándose sobre los codos,

cuando en las conversaciones siempre la misma palabra
permanece ambiguamente en reserva
y una cerillita se convierte en medio para un Fin,

cuando al nadar de espaldas
se alza hacia el cielo el cielo sólo,
la gente asustada busca la orilla,

un miedo súbito flota en el aire.

liegt plötzliche Angst in der Luft.

( Poema de Günter Grass )










Esta noite trasladaban os veciños os enseres.Como se fora unha emerxencia.
Pode...
O pai do rapaz vira algo perturbador e mortífero no edificio.
O veciño darriba sabe das correntes subterráneas dun río, pero negouno.Porque ao negalo non ocorre.
Negou tamén o dos ruídos subliminais , que cada madrugada se aplican sobre as nosas cabezas.
O pai quere ó fillo e á vida.Vaise.Foise coa familia, buscando protección, lonxe da ameaza.

" xa voltarán ". Repetía o veciño.

" Todos temos a corda atada, algúns máis longa que outros ".

Doéme escoitar certas cousas.Asi que cos acontecimentos voltei a encollerme,na zona gris.
Abrín o teu libro de Günter Grass "poemas".
Non cho podo explicar...Tenteino co seu poema.
Ler o que se me atranca na gorxa, resolve as miñas dúbidas, Xa está todo "ditto"
Algúns chegaron primeiro, porque deron pasos.Sairon das suas casas.
Pola noite.Polo dia.Co posto.Cara o incerto
Sairon.
Non se agocharon a esperar.Esperar qué?!

Miro a través da ventá, prende o día felicidade e oportunidades, para quenes teñan sans os sentidos e o espírito.
Para os que non son gobernados polo Imperio.
Lonxe da grei.
Camiñan polos camiños,os vivos.

Coa soa alegría de sabelo, inda sen esperanza propia. Tamén me acho sentido.
Aqui.Retida.Na zona gris.

A cobardía nunca fose opción!!!
A zona de confort levanta muros na mente.Pero está completamente exposta á destrucción dende o aire.


Confío na tua visión do Ceo Azul
Confío na tua visión do Ceo Azul
Confío na visión Azul.




Con Amor

Mapa


Nota:
Un bebé chora ao lonxe.Un berro que fende montañas.Ábrese a esperanza entre os corpos , que van...
Podo ver aos vellos e ós nenos.
Sacudirme a bofetadas os seus berros e o seu silencio.

Que a cobardía nunca fose opción