xoves, 8 de decembro de 2016

Moucho Marx e un coro de perdices


Sen tempo





Bótoche de menos, a distancia.Nostalxia, se chama.
O mellor e o peor, é non poder voltar atrás.
Porque nós non somos os mesmos daquela circunstancia.

Non choro nin me recreo no que foi.Porque, non sei o qué foi.A erosión na memoria e a noite confunde as formas."La negra noche del alma".

Amigo, bótoche de menos.E nunca souben quen eras.
Sei quen era eu contigo.

E inda me quedaba tempo para perdelo...





( Esta carta acaba de cambiar o seu sentido e a sua dirección )


Séguesme inspirando, onde queira que estés
Estás no meu Corazón


Un abrazo e un recordo

Marta


Camiñar ata a túa casa.Sen sair do camiño

Teño a cabeza chea de gaivotas que se queixan.
E pombas que se desesperan.
Suicidas .Kamikazes pombas grises
que levan a mensaxe a ningunha parte.

Voaron cinco corvos negros ó lonxe
E quixen saber o seu significado :

Victoria e Virtude.
Victoria e Virtude.

O mellor de ter un destino é a irremediábel victoria del.
A exención da responsabilidade de non fracasar.
Pero, inda así, somos condeadamente libres
E o libre albedrío ponnos a proba.
Quizais sexa esta, a única victoria :
A do libre albedrío.



Quero contarche que recibín a súa visita.Marchou ó mencer en forma de soño.Fose en soño ou vixilia.Estaba alí
Maxestuosa .
Debín pedirlle algo dende a covardía
que as suas últimas palabras foron:

" Pasarás sen pena nin gloria "




NON CREAS NUNCA AS PALABRAS QUE NON ESTÁN NO TEU CORAZÓN



Con Amor

MaPA