domingo, 23 de outubro de 2016

Conversa de ultramar na mañá de Domingo


[23/10/2016, 8:44]        Domingo, en Pequena Nápoli e ti en Pena Furada








Dime...Por qué unha rosa?

Sei que se che acaba de ocurrir agora a resposta
E rezuma improvisación.

Eu recibía e recíboa, coma un cariño e un mimo.
Gústanme.Sobre todo as brancas e con arrecendo
Sí:
A rosa é misterio.
Inda que me fago acompañar de lilium
Polo seu aroma e apertura,coma unha estrela
De feito merco algunha vez lilium:
" Casa Blanca" son os meus favoritos.
Inda que a flor que me fascina é
Adiviña...

[23/10/2016, 8:49] :
la margarita...Sí...No...Si...No...Sí...No..."

[23/10/2016, 8:49] :

No.

A Amapola

Fascíname a amapola
Tan fráxil e poderosa
Crece como a esperanza,mesmo
antra os escombros
Nas beiras da carretera
Eiras cheas delas son a alegría
da nai terra.

Sinxelas e poderosas

Parece que escoitan e miran e
gardan os segredos no seu ollo negro
Conmóvenme as amapolas.E eséñanme.
Son xenerosas no seu misterio.
A vida é o que importa.E elas a conteñen.
Por iso medran en sitios onde non
medrarían a rosa ou o lilium.
Necesitan pouco.Son
desprendidas.Exercen a humildade
do xeito máis divino.
E pasan...Sen apego

Un campo de amapolas meu amigo!
Qué bonito mar
vermello !








Grazas por esta danza
E por esta caricia de palabras para
almorzar.Agora saberei qué facer
neste domingo.
Contareicho noutra carta.

Grazas pola Beleza da tua Rosa que abríu a miña.
A rosa coa sua sagrada xeometría
é símbolo do corazón.
A maior intelixencia da que dispoñemos.
A Fonte
Onde beber da creatividade

[23/10/2016, 9:03] :

A Rosa





Con Amor

MaPA