luns, 12 de outubro de 2015

Eu loito ti loitas...Nós venceremos

Primeiro día .Do ano que se escoa pola fenda da memoria e da Nada.
Aquí. Agora








Escoito as cancións tristes na mañá. Busco sinais que me ergan.

O tempo do reloxio saíu e invade o aire que respiro .Axítame o corazón

Cando voltarás ?

Sigo o teu rastro que me evade deste lugar onde nin sequera existo.

Vén ...

Vou .

Era todo máis sinxelo que pensar

A acción constrúe materia e pontes
O pensamento destrúe edificacións absorve  á materia



Amor :

Volto sobre as miñas palabras e desdigo o  feito de ir morrendo lentamente  no
"Para Sempre "