xoves, 24 de novembro de 2016

Silencio.

Pequena Nápoli          No sentempo









O Silencio medra ata ser un padecimento desbordante.
As palabras serven agora a outra orde.A unha patolóxica estructura que ensancha a banda pero non comunica.

Hai algo irremediábel en todo isto : A nosa hipocresía.

Mellores exemplares para a supervivencia do amado, aqueles que con conciencia prescinden da moral.

Hai seres así.Por aquí.Eu vinos.E envéxoos...
Ata o punto de envexa extremo: Envexar un leve sorriso de rostro sereno.


O que parecía verdade é mentira e a mentira non existe.Mais todo o mundo, e non sei do que falo, a practica.

O meu resentimento medra.Como medra a árbore.E faime sufrir.
A axuda é inminente, non se acha en calquera parte.
Morreron os profetas.Xa non veñen por estos lares.Agora os charlatáns e as charlatanas ocupan o seu lugar mentras abren os nosos corpos para ler nas nosas tripas.E deixarnos cheos de silencio.
Un pesado silencio que empacha.

Arrástrome como podo polos días.Teméndolle á velocidade.
Todo vai demasiado rápido.

Pero ti non pares.Non te deteñas nin un segundo a pensar en min.
Son irreal









.