xoves, 12 de maio de 2016

Golpe dereito dos boxeadores

Pequena Nápoli.                29/05/16






   Auga purificadora da alma miña
  
   Sangue e cáliz dos meus ollos !

   Leva de min esta soidade da compracencia

   Tráeme de volta

    a bendita soidade da tola...







( A ti, que nunca me abandoas ).





A veces vexo na cara da xente estrañas revelacións.
Semellanzas mitolóxicas. De animais.E  outras entidades...

Ahí onde aquel se presentou , podo ver no seu rostro a un gran roedor.E sei cómo me vai escudriñar, as voltas e os furados que tentará facer.
Ao meu carón pasan boitres.Alimañas.Faunos e sátiros.Moitos  sátiros.
E algún que outro anxo.Algunha que outra montaña sagrada.Algún Buda.
Pasan fadas e bruxas.
Pasan animais pesados e outros prehistóricos.
Cada quen cos seus recursos e armas de supervivencia.

E neste mundo fantástico, tamén vou eu transformándome.
Pasando por tódalas idades da muller.
Pasando por tódolos estados.
Dende pinga de baba no fuciño dun búfalo,
ou bágoa no ollo dunha lontra
sumerxíndose nun río de augas revoltas.
A pétreo volcán.
Fume de tabaco saindo do nariz de meu pai.
Algunha vez un felino saltando sobre a presa
Algunha vez un rato asustado
Aire e arrecendo da alma dunha matriarca
Bosta de vaca, quente , onde desfrutan as moscas coas suas palabras.

E ante tanto.Agóchome na cama, unha hora máis.E despois outra.
Apago o mundo sobre as orellas dun reloxio de mesa.
Abro a ventá.Miro o meu mapa.
E non sei por onde empezar.
Vístome de boa persoa.O meu uniforme axado de " buena gente "...Agárdame unha crucifixión.

Primeiro se acostumbrarán a la dulzura.Y luego la castigarán.

Qué animal serei entre a xustiza e a crueldade ?

Unha gatiña negra cómese á cría do alacrán.





Un abrazo

Con Amor

MaPA