mércores, 14 de setembro de 2016

Do sentimento de carencia á querencia .

Pequena Nápoli    Mércores.






Querida ti :

Escoito a Elvis mentras.Estou o suficientemente excitada para só precisar un vaso de libertade.

Canso,
de termos para calificar... Para ler Hamlet...Para ser ou non ser.
Veño aquí a escribirte,para poder escapar das nosas vidas rutinarias.

Ambas queremos viaxar.

Ao final, só andamos a buscarnos por todos esos sitios.Lonxe desta cidade inventada,hai
unha terra para as mans arricaren cenorias frescas do chán.

Sentir cómo a vida se está escapando en cada espertar...
Non é bo sinal, non ?

Agardo

Todo este imperio do irreal deixarei.

Heroes e Heroínas polas ruas.Nas ventás.
Polo ceo. En todas as partes onde mirar.

Cantan as baleas ao lonxe dentro
A nosa canción

   Non é tarde