martes, 26 de maio de 2015

Carta a Maria

Aqui.Vinte e seis de maio.Martes.2015

Espero que te chegue esta carta.
Por favor : Agardame.
Sei que non teño dereito a pedirte isto ,tamen sei que me consintes.
Agarda por min,quero cantar contigo os meus cos teus paxariños.

Maio acabase. Inda non.
Teño o vestido de flores que me
bordaches,agardando a ser lavado
nas catro fontes.
Xa as atopei.
So bebin auga de duas.

Sei
que co sol te animas,pero tamen co sol
voltanche as preguntas
E o arrecendo das violetas
da porta da tua casa.

Pecha os ollos

Estou dentro

Danzando contigo sobre o baleiro
Canto paxariños de cores
Libres de gaiolas
Escuma da beira da praia de Corrubedo
Canto
Farois no corazon acesos
Olladas as montañas
Canto a neve que cae por elas

Entra
Pola miña boca
Entra
Mirame ben adentro
Cala en min,dende a primeira
ata a ultima
pedra

Padre Maria.Nai de todalas nais.Filla da Nai.
Sei o que significas.

Agardame
Eres libre
Eu estou cansa
Arrastro moito po
Traio areas nos zapatos

Mirame
Con tus dos luceros
Navegarei
Por eles

So un dia mais

Agardame

Que Sempre estou chegando

A tua Casa




Un Abrazo coa Alma

Marta