luns, 30 de xaneiro de 2017

A Grande Estrañeza

Pequena Nápoli    .Antes do fin





Unha noite apareciches
Diría que entraches pola ventá
Diría que eran dúas mulleres que che acompañaban
Pero eras ti.Só ti
Máis ti ca nunca
Un outro Ti.
Rexuvenecido e brillante
Cun sorriso victorioso.Entraches
Como se tiveras vencido á Morte
Como se nesa entrada
Camiñando 
Avanzase o Non-Tempo
Traías o segredo na mirada
E no Sorriso
Para min
Que estaba dentro
E acompañada
Quizais dun home.Ou dun cento
Estaba soa.
Esa Aquela noite
Dela lembro a Vida
Unha árbore no peito.
Ningún sostén.
Sen roupa que lembrar
Con mans
E bocas
E ollos
E unha historia
Cando morre unha Nai.
Ahí comeza
Nesa liña hourizontal
O tempo
E a victoria sobre él
Facendo uso da libertade
Plena
Livián
Todopoderosa
Aniquilando  compracencia e hipocresía.





Milagres e mediocridades.



                                                                                             Un día




O heroe ten medo
Aos lugares pechados,de cemento.
Ou sexa : Ten medo a ser privado da luz do sol.
O heroe chora
cando non o vé a nai.E
Escribe a sua historia
en papeis dobrados baixo a almofada.
Entrenándose en mentiras épicas
Pulindo as verdades ata facelas lexendarias...
O heroe é de carne e óso.Revestido de esperanza
con calzós de oportunidade.
Ó heroe dóelle o costado de tanto
rir e caer...
Rir.E caer.
O heroe Érguese.
e Continúa...