domingo, 12 de novembro de 2017

O corazón gardado no primeiro caixón da mesiña de noite

             Mañá de domingo na Pequena Nápoli.Novembro '17





Baten tambores na miña porta.
Insisten
Baten! Tambores na miña porta
Ausente
Voa o bater a outra parte
Foise polo aire
Como unha bandada de paxariños
adoecidos
E na distancia, alguén sacode
o meu mal de dentro
dunha guitarra
Pelizcando as cordas
Como as fibras vellas
da miña alma
Ninguén
Di nada
Ninguén

A saba cóbreme branca
Estatua
De sal de mar ausente
Entra
Tal raio divino
Polo ollo da agulla
E vou tras del
na escuridade
do mencer.
Onde me pousei
Corazón
Onde eu estarei
que non sinto o teu
Bater

Baten

Baten vellos tambores do recordo
na cidade inventada que ardeu.