Porto do Son.Setembro.Dous días antes.2015
O mar arde . Vapor mariño
A auga é unha pantasma que respira.
Na igrexa parroquial desembarca un cadáver.
Caraveis brancos e vermellos
O mar arde . En soños
Mírote antra a brétema. Fáloche con sal nas pupilas .
Mírame
Vivo no irreal . Flotando
Conducida cada noite a ti . De volta cada mañá . Da Nada
Desvíame a forza dos desatinos .
Ollo para as redes furadas
Inda estamos aquí na última vez . Remando
Pel evanescente . Non podías agardarme máis
Hai calor dentro de min.Seino . Eres ti
Os barcos permanecen . Amarrados
Sostida no irreal