mércores, 10 de xuño de 2015

Carta en tres momentos

Pequena Napoli.Madrugada do once.Xuño.Dous mil quince






Imaxinote sorrindo.   
Por que?

Ese sorriso de compricidade e vantaxe.
Mirasme.

Como se foses un espectro e tivera unha foto tua no pensamento.

Un sorriso maquiavelico.

Como se me coñeceras...
Detesto esa arrogancia.

Ti sabes o que doe morrer e voltar a nacer?
Igual ata si.

Igual ata eres consciente de que continuamente morremos e renacemos.




Maña do once de xuño.Oito e trinta e seis.

Estaba comezando a pensar
Cando acordei en que so tiña que sair da cama
Dei un chimpo e sain

Preparei as cousas
E mentinme de novo.

Escoitei a sibilina chamada do aparato...

Collin o cabre e xa sen resistencia enchufeino na cabeza.
Hai trinta minutos que non palpebrexo
Secouseme a pel da cara
A respiracion fixose curta e superficial.
Aumentou o ritmo cardiaco
Tembrores leves e constantes.

Inda me queda unha reserva.
Darei un chimpo




Dez e doce da maña:

Puiden baixar a tomar un cafe na vella pasteleria.Todo ben ata que lin o xornal.
Non hai informacion.
As novas son descaradamente "historias para suxestionar".
A prensa insulta a intelixencia.

Unha muller morriu asasinada.
Un lider venezolano no carcere en folga de fame.
E tres paxinas para o novo premio Principe de Asturias de literatura.

A muller:
"miña pobre.Que vida dificil.Xa se via vir este final..."
O lider venezolano:
"Mira para ahi que sensibilidade,que talento para a pintura descubriu no carcere!"
O escritor:
" Que curioso...So vestiu traxe para ver ao papa Juan Pablo e agora vai ir ao Corte Ingles...".

Novas vacuas.De chicle sen sabor en bocas de falabarato.
Ula informacion precisa,concisa e veridica?
Circunstancias do asasinato?
Que?
Quen
Onde?
Como?
Por que?

Non quero ler literatura nun xornal.

O polictico venezolano.Non me importa que debuxe ben nin se debuxa animais e autoretratos.
Quero saber quen e ,e que fixo para entrar no carcere.E porque esta nova hoxe.

E do escritor...Non quero ler un cuestionario "Proust".
Quero saber "PARA QUE" escribe.E POR QUE o premiaron.

O mellor do almorzo ,aparte de que hoxe souberon estragarme ben o cafe, foi atoparme con Fe e falar con ela e a sua cuñada dos seus fillos.
Do deficit de atencion
que se di para responsabilizar a persoa das carencias do sistema ,
baseado na repeticion e non no razoamento critico
nin nas potencialidades persoais individuais.

Falaronme  de parir.O mais bonito .

A todo isto,as tres dimos un chimpo sincronizado ,cando vimos a policia merodeando pola rua.
A Fe perseguea un poli corrupto e racista.O mesmo tipo a quen acusei xunto co resto dos vasallos do sistema.
Eles decian que non serveria de nada.

Por algunha razon o que cremos permea ata o subconsciente a pesares de que o consciente tente amosar o contrario.

Probablemente crin que non serviria de nada...

E ahi os van... Co seu olfato adestrado.

Debo irme.

Darei un chimpo . E o mellor xeito para sair da fenda.

Un abrazo. Sigo.Con Esperanza

Mapa

P.D. Chegoume unha postal de Holanda.O pirata do Sur navegou ata o Norte.
Esta ben e feliz.Descansa.Non abandoa.
Animame a seguir.Como non pode ser doutro xeito.

Pola Paz pola Libertade.

(Non esta ahi fora.Nin aqui )

Esta no teu mundo.E no meu

Sorrio e :  SI!