venres, 7 de agosto de 2015

Carta anterior

Pequena Napoli. Tres de marzo do dous mil.




Inda permanecemos sitiados na normalidade.
Amosamos un contraste pouco evidente.
Sorrimos aos veciños e alegrámonos de vivir nunha casa pequena.Nunha vila pequena e con pequenos gustos que non van máis aló do anhelo.

Para pasar máis desapercibida aprendín o idioma da queixa e da chantaxe emocional.
Aprendín tamén a estar horas falando de nada,apraudindo a bufóns sen gracia, e saindo a facer o mesmo numeriño.
Pois aprendín...Aquí...Que á xente"" gústalle as copias de sí mesmas.
Que os demáis sexan espellos de compracencia.

Neste " puto pueblo " , reina la apariencia y las máscaras que ocultan tristeza.
Porque saben ou iso dín ,que cada día é un día máis e un día menos...

Antropofaxia emocional. Uns comendo a outros, ata que nun apuro, xa se deron casos, se coman a sí mesmos.

A enfermidade contáxiase na infancia.Con palabras.De feito tódolos bebés están programados de antes de nacer.Algúns nin chegan a nacer, da densa enerxía que se move dentro dalgunha muller.


Muros e murallas nunca nos separaron
Somos tan iguais que resultou  ameazante.Por iso matizaron a separación.

Mantéñome en garda.Cun sorriso

Inda nos atacan con pulsións.
A guerra sumerxida está próxima a emerxer.
Algúns quedarán no Camiño

Gloria tamén para eles.As suas vidas tamén tiveron sentido.
Todas o teñen.
As razas escuras venden fume e facilitan a atrofia.

Cóidate do fácil.


Un abrazo  Infinito.

Mapa