domingo, 30 de agosto de 2015

Confundir aínda comigo

Pasaron xa dous anos...

Coma sempre, predestinada a chegar tarde.
Colleramos un bipraza desos moi elegantes que non serven para nada.
E como sempre ao aparcalo, perdino de vista.

No concerto fixeron aparecer á violinista china.Un prodixio de rapaza, coma todas as orientais : Sen idade.Tocaba e danzaba polo esceario nunha danza imposíbel de contorsións e movementos de cabeza coa súa inmensa melena negra que arrastraba ás olladas e sacudía calquera pensamento, ata ser meditación mirala.

Había nela, tanta dozura como arrogante vaidade.
Despois do concerto.Agraciounos a uns poucos elexidos, coa preparación dunha pócema de herbas que resultou ser un poema perfecto.Perfecto.Hermético.Universal.Indivisíbel.
Foi pola miña parte, unha estupidez preguntarlle pola composición floral...
Obviamente, non respostou.Airosa dou a volta.

Sei que ó mellor non estivo a gusto dos protocolos.Mais sentín un arrebato que non quixen reprimir.E marquei a miña composición de cinco flores no chán.
Cinco flores.
Unha por unha funas describindo.
O xeranio pola alegría do aroma, para o canto.
Quizais a flor de loto fose outra, pola sabiduría e a verdade.
E das tres que faltan , honestamente, xa non me lembro.
O poema cobrou vida e os alí presentes bebimos del, como se fose dunha fonte de auga fresca.Lavamos a cara.
Non preocupei da perfección.Das arístas.Da universalidade.

Foi tan sinxelo...

Estaba tan fresca a auga

Por suposto que compartín a composición e descifrei cada flor.
Compartir
Ese é o sentido.Velaí a riqueza, rapaza chinesa.

Marchei.
Alí estaba o bipraza agardándome.
De novo...Tarde á seguinte reunión!
Onde o contador no centro dun círculo de xente, e con gafas, ía facer a presentación do artista, que chegaba canda mín.
Unha vez presentado ao artista presentounos a cada un dos presentes.
Só me lembro de que se me achegou coa mirada.Tanto.Tan profundamente.Que sentín unha tremenda vertixe.

Foron dúas veces, ás que me mirou así.E das duas veces...
Sentinme caer dentro de mín
Sentínme caer dentro de mín
Sentínme caer dentro de mín

Como se estivera no alto dun cantil e caera ó meu propio abismo.

Non había temor.Había vertixe.

A vertixe de abandoar a ilusión e caer á verdade








Fin de poema.





Xa non son a protagonista.







Un Abrazo con Amor ,


Nota:
Chegarei. No seu preciso momento esta vez