domingo, 20 de novembro de 2016

Escrita na escuridade.

Inocente é o mar que come os corpos.
Inocente a sua lingua que atrapa.
Non eran inocentes os cantos
das sereas da néboa
non souben non escoitalos.

Inocente era a miña  nena, vestida de muller.
Buscando tras a fraxilidade do cristal
quen a soubera querer.

Era inocente ou era cruel ?

Un volcán ó lonxe
Un volcán en primeiro plano

Pero quen o vé !?

Perigoso é vivir soñando con cabalos brancos alados
E seres extraordinarios que veñen ó rescate.
Vivir cun volcán dentro
e outro ó lonxe que sempre dá alcance.

Perigosa a fraxilidade
do cristal co que me mirabas

Rompíuse ó tocarnos!

Ahí onde  se cravaron os anacos,
deime conta de que seguía
doendo a memoria.









.
.
.















P.D.

O dos autoretratos vai en serio, pretendo explorar esta linguaxe,sen moito criterio e sen informarme.
Así se sae algo interesante non se esperará nada de min. E non terei que traballar para a inspiración.
Senón , esperar.Agardar por ela.Que é o que mellor se me dá.

Tamén é un axuste de contas, isto do self portrait.Pero esta é outra historia.

Brindarei por ti.Cousa patética, a escea de verse bebendo unha copa na casa, soa.
Farei unha excepción.Beberei e brindarei, comigo mesma.

Saúde e Sorte !

" Unha forma memorialista "

Así é cómo me recorda miña nai ó darme á luz deste mundo:

Rojo virxinal
Rojo violencia
Coa mán nun puño na boca- Así naciches.
Será que tiña algo que decir -E ó non saber decilo comíame.
Tiñas fame- E non querías sair.
Chorei, nai?
Choraches
                   - E sorríu




Rojo vivo
Todo dunha mesma cor
Vámonos deste espacio a outro...

Autoerrato

Pequena Nápoli      vinte de novembro '16


Hoxe non morrerás.Espera por min.
Polo noso derradeiro bico incendiario da inmortalidade.

Agarda sentada no teu trono de rosas brancas

Voltarei.

Autoerrotrato


A casa está revolta.