domingo, 20 de novembro de 2016

Escrita na escuridade.

Inocente é o mar que come os corpos.
Inocente a sua lingua que atrapa.
Non eran inocentes os cantos
das sereas da néboa
non souben non escoitalos.

Inocente era a miña  nena, vestida de muller.
Buscando tras a fraxilidade do cristal
quen a soubera querer.

Era inocente ou era cruel ?

Un volcán ó lonxe
Un volcán en primeiro plano

Pero quen o vé !?

Perigoso é vivir soñando con cabalos brancos alados
E seres extraordinarios que veñen ó rescate.
Vivir cun volcán dentro
e outro ó lonxe que sempre dá alcance.

Perigosa a fraxilidade
do cristal co que me mirabas

Rompíuse ó tocarnos!

Ahí onde  se cravaron os anacos,
deime conta de que seguía
doendo a memoria.









.
.
.















P.D.

O dos autoretratos vai en serio, pretendo explorar esta linguaxe,sen moito criterio e sen informarme.
Así se sae algo interesante non se esperará nada de min. E non terei que traballar para a inspiración.
Senón , esperar.Agardar por ela.Que é o que mellor se me dá.

Tamén é un axuste de contas, isto do self portrait.Pero esta é outra historia.

Brindarei por ti.Cousa patética, a escea de verse bebendo unha copa na casa, soa.
Farei unha excepción.Beberei e brindarei, comigo mesma.

Saúde e Sorte !