sábado, 27 de febreiro de 2016

Esperando un final...

Pequena Nápoli
  Derradeiro sábado
     Febreiro 2016









Estou vestida para un enterro.De gasa e flores.Un vestido cor pel de cadavre e estampado de madreselva.
Bebo
Un fumegante caldo
de flor de sabugueiro con uña de gato
mentras escoito na radio
a voz de Billie Holiday
Espero

Algo perverso vai a acontecer.Con esa candidez á que ule o perverso.
Bebo
Sorbos pequenos
Mentras me consolo co teu recordo
Quimérico Amor

A trompeta esgánase
Berra
non quixera tal apoteósico
Final...
Para unha dama.

Detrás deste cristal de amatista
Calquera de nobre corazón
Pode ver a dor
Pero eles non.

A mirada das alimañas non pode ver.

Eles só arrecenden a candidez da inocencia
Ese pouso que queda pese a todo,
e fulgura nas pupilas antes de morrer.

Teño medo.
De que se acabe
A canción de Billie Holiday.

"Easy to Remember"

Tamén é doado olvidar.

Teño medo.
A que se acabe o caldo de flor
de sabugueiro e uña de gato.
Bebo
Derrotada