mércores, 27 de maio de 2015

Tempo de sono






Pequena Napoli día 27 de maio do ano que pasa.








(  Esperto con gañas de matar a alguén . Por exemplo ao veciño de arriba, un tolo solitario de idade indefinida ó que se lle ocorre facer ruido pola noite, mentras trato de facer o que se supón que teño que facer.

Esperto atronado na noite. Bérrolle! Ese crío vaise acordar de min!

Xa tivemos varias entrevistas na miña casa, pero négome a deixar entrar unha vez máis a ese individuo.
Esquézome de todo ao meu redor. Estou demasiado acostumado ao meu caos, que nin percibo que estou acompañado.
Un bulto de masa informe e luminoso, aparece ao meu carón.)






    Son eu. Respiro. Sinto. Padezo. Soño ( hai tempo que deixei de facelo )
Agarda. Non berres. Estaba durmindo. Deixa ao veciño. Porque arriba non vive ninguén. Arriba está a tua conciencia que non che deixa durmir.
Silencio , a noite é longa .Máis longa para os veciños de enfronte :

Apollinaire , seguro que non durme a estas horas estará sumerxido en " Alcoholes". " Encantador putrefacto"...

Frédéric!! Ti ?Qué me recordas? Que se hai que saber morrer, tamén hai que saber vivir...

Alí tamén está o nome de Maria Callas , ollando a galería que a desafía . Pero ela Voa máis Alto máis Lonxe

                        
                                  " Ho dato tutto a te " 

 " Crudel!"

Dela aprenderei que nunca se ha de dar todo a ninguén.

Oh cruel!
Doce crueldade...




Ergo a ollada e atraveso as cortinas de hai anos.Tras delas ,  raiadas as siluetas dos edificios desiguais de Pequena Napoli. Estos non son os balcóns parisinos.
Aquí as rúas non arreceden a manteiga e a flores. Mudamos o río polo mar. Sexa como sexa este mar. É o destino de tódolos ríos que o tentan.
I é un mar contradictorio. Salvaxe nunha punta e bravo, e recollido noutra.
Gústame Pequena Napoli.
Non descarto irme algúns días á illa. Pero iso será máis adiante.

Sigoche escoitando ao lonxe. Sen acritude como dín os amantes derrotados...Sen acritude.
A estas alturas do ano estarás dun lado para outro, mentras eu sigo aqui. Cada mañá anhelo unha carta para min.
Un carta de esperanza.
E ríome...

Oh crudel!

Xa só sorrío,

" Todo está ben, son eu quen escribe as cartas "




Un abrazo



Mapa