luns, 3 de outubro de 2016

O que a vida non nos pode quitar

Serra de Outes     Outubro '16








Patacas fritidas.Patacas fritidas.Patacas fritidas! Con English breakfast tea, ás oito e media do serán.
Luz de medio pelo, e unha canción.

Logo outra.E outra.E outra.Sen parar...


Nada pasou.


Fuches un soño.E as tendas baleiras con  tristes carteis nas ventás.Foron un soño.
A rapaza envellecida que camiña co seu fillo da mán,
pola rúa baleira van
( foron un soño )


Nada ten sabor.Todo sabe á Nada


Sen esperanza o que hai é morte.
Primeiro .A Esperanza
e cando se vaia...
Esperanza quede
no buraco que
deixan os soños nos ollos
cando pasou o seu tempo


Fuches un irreal
xeito de escapar
a lombos da tola.
Pobre tola ,
a Fantasía

Unha noite.E outra.E outra máis.Moitas noites para voltar
Aquí onde


Nada pasou.


Os mobles escurecidos do único bar
no que unha pode agardar bebendo
un English breakfast tea ás nove e un minuto da noite,
a que lle abran a porta do seu fogar
que nunca foi
Unha casa.


E ti lonxe



Mentras eu lonxe, demasiado perto.
Enriba da memoria
Dunha morea de esqueletos.






















P.D.
Non te apouses agora bolboreta.Voa
Un pouco máis.Un pouco máis arriba.Na outra cara  do outeiro atoparás as flores.