venres, 24 de xullo de 2015

Carta agochada


Espero non esperarte na noite :

Apenas teño unha luz e media acesa na cociña.E no padal ,catro palabras para darche.

Eu tamén durmo co sono dos arroaces.
Espida
Convertida en fervenza de preguntas e duendes e trasnos que fedellan na miña cabeza facendo ruído de cacharros.

Chego tarde a recompoñelos cristais esnaquizados.
Chego tarde,nos meus pesadelos.

É absurdo entón que pare.Qué  máis ten, se ninguén me agarda ao outro lado da verxa.

Pero ti sí.

Continúas cun ollo posto na vida e outro en min por si caio e me quedo sen o caxato de palabras que antes,sustentaban as miñas teorías .

Nada que non se fixera queda por facer.
Entón a prioridade é :

Fagámolo !

Deixarei de bicarte en soños.De despilfarrar enerxía castigando ao corpo para outros.Para non pensar.E  ter unha escusa e esperanza mínima.
Que sendo miña.Por dereito.
Págoa a prazos .

Tirarei cos planos e cartografías da felicidade.
Darei descanso aos oráculos que se secarán .
Recorrerei a pé o Tránsito da miña soidade

Ata atoparte de Novo 

En esa Mañá




Ma P. A.


Nota:

Diríxome ás illas.Pospuxen esta viaxe.É moi importante xa , non estar no lugar equivocado.
As páxinas pásanse soas.
O branco impera no sosego da poesía
mácula de tinta,que
se dilúe e perfora a  pel
ata ser sangue.
Negro por vermello
Vermello por branco.

Pecharei os ollos...

Guíame coma o vento a ese Lugar
no día sen tempo.


Un ABRAZO


Agora Sempre Agora