Agora
En Segredo
En Silencio
No meu leito recostada
Escríboche
E a ratos a túa lingua
repasa o meu sexo
na memoria
A ratos ofego en silencio
Todo en Silencio
Ti dentro
Eu dentro.
Deixas facer
Fasme a lume lento.
Os meus peitos tenros flans de neve
coa sua cereixa
A miña pel de carne con fame
de primavera
A túa lingua o meu destino
Búscasme dentro.
Vén... Digo
Vés... Estremezo
" Ah tus pechos !
Los amé desde nuestra primera
mirada..."
Por aquela, estaban contentos
" Quiero llegar...Pero contigo "
Agora esperan...
Chegas.
Eu non son o tempo.
Comámonos!
,