martes, 13 de outubro de 2015

Carta no maR

Para cando queiras evadirte ...
Marta Pedrosa Agra
PARA: BLanco
Mensaje marcado
Luns 23 de enero de 2012 0:53












Permíteme un exceso no día de hoxe , coido que eres o único que me queda "vivo" que non sucumbíu ante a necesidade e a tentación paralela , de desviar ó caixón dos spams olvidados , os meus esaxerados excesos  de egocéntrica sempre ó borde da desesperación  e do ataque de histeria , que Almodóvar decía livián ...De nervos .
Chego a casa . Foi unha boa tarde . A lus acompañábanos . Eu podería estar eufórica pero iso non é bo para a miña saúde , así que me contentei con estar máis que contenta ó vervos . Media aperta che dei , hei de pagarche a outra media cando te deixes .
 Traías munición , balas coma palabras que pariron máns coidadosas ;  e ideas tintadas en follas de papel . Pronostico que me han de gustar .  Trocas dous , levas un de Bioy Casares , quédome co de Rosa Montero , gardo un , de "Las Conjuradoras" , a ver se aprendo de alguén , ou polo menos ...Leo . Gran redescubrimento!

Escoito a Tom Waits mentras che escribo , non esquezo ( non puidera , nin quixera ) as notas de piano rotas no meu corazón e na canción poirenta de "Martha"  . Quero contarche sen que te enteres  desta fábula sen final feliz e de moralexa ..."Vive ! " Puiden resumila nunha soa palabra , mira ti ...Desafío cumprido .
 Non obstante agasallareiche tamén as tres palabras que agora xa non son inéditas , encárgome eu de traizoar a memoria de quen as escribíu :
 "Grazas. Xa. Adeus. " ( por esta estricta orde : Son as palabras da vida ) .

Non , non mereces isto , esta crueldade de atender a miña melancolía . Inda por riba que me les ,que me agasallas un anaco do teu tempo e respiración .Vida que cobro através da imperfección das miñas letras , mais Tí permítesme  polo de agora . Son consciente das carnicerías dos meus excesos , e non quixera segarche a paciencia a ritmo desangrante . Sei que iso non ocorrerá , porque  tes o puño do coitelo , eu só o fío , cheo de ferruxe pola sal desta Mar-t amen .

Mudei de música , agora escoito a Ikuko Kawai , ela amáiname e docibilízame ( se non existese o verbo , me lo invento . Para o caso é o requerido ..)

Volto a mudar ...Agora : "Heart of darkness de Stefano Mocini " ( un amor ) case que se axusta ó meu estado de excitación cafeínica ( se tampouco exitira a expresión , asígnome  a patente  ) . Toca as tecras do piano do xeito en que podo senti-la sua vibración nas miñas células .

Cóntame "algo" , se nalgún momento te atopas desconsiderado de ti mesmo e abandoado pola axenda . Se algunha vez tes amnesia , e se che aparece  este mail diante das tuas pupilas en fase crecente . E  sentes unha desorientación tal , ó mesmo tempo que unha necesidade de fuxir en palabras , de construir un reflexo mentireiro da tua autenticidade interna que  insiste  no medio do peito en sair a golpe de tecras: -Conta ...Conta ...", dirache  -" Existe , en verbas e alma ".

Entón , envíame un mail tan longo coma o mesmo que les , e sei que no teu caso daría para moito máis ...
De atopáreste en "tal" estado , "algo" parecido a este cadro cafeínico que me incomoda o corpo . Faino , non sintas vergoña ; como agora eu non a sinto .

GRAZAS pola tua paciencia .Sabes do teu magnetismo para as confidencias , e da peregrinaxe que fan a ti as e os doentes de choros e queixas . Estarás farto .

E para cando iso ocorra , pido a unha Entidade Superior , que esquezas polo tempo preciso , o meu nome e se aparecese nesa lista de pesadas-os , que sexa como alento para as tuas boas accións e "milagres" desa axuda que prestas , só co grandioso feito , que é muito...De ESTAR .

Debería de irme . E voume.
Porque non teño nada que che poida interesar . Non teño nada de interese que contar . Estou padecendo as consecuencias dunha sobredose de cafeína , e recollo  unha vez máis , un convite teu para seguir coas miñas cartas .

Se algún  día morro ( cousa que non vivirei para confirmalo ) e se quedas ti por este lar , alá polos cento dous anos teus , facendo dous  só ,  estrictamente dous , do meu pasamento . Habendo tido a extravagancia e o cariño inexplicable e entrañable , de ter gardado estas misivas que che escribo ...

Pídoche a Ti , que serías o único que me queda "vivo" que non sucumbíu ante a necesidade e a tentación  paralela , de desviar ó caixón do olvido senil , toda esta leria dun lonxano pasado , que agora presente ido para cando me leas...


¡ Faime voar por favor!

De rezar no epitafio que non cheguei a voar en vida ,
ou prántame nalgún xardin por onde paseen os corazóns solitarios na procura de compaña .
De haber cumprido a miña misión neste trance de dous días , recoñéceme nesta carta e tráeme de novo á vida  coa imperfeción das miñas letras .
Supoño que para aquela , a vida dende as estrelas sería algo así , como unha anécdota . Mais a estas alturas da miña historia , na mesma fábula , aprendín que hai anécdotas insalvábeis que se erixen como monumentos e cordilleiras entre o eu e ...Aquela estrela , que resulta que era o praneta Venus .


Un consello , que non me pides e probablemente estorbe : Coidado en certas noites de verán cando dirixas como mantra os desexos do teu corazón na dirección de Venus ...... Hai veces que non se sabe qué facer , cando os desexos se cumpren .





UNHA APERTA ,

( ou a metade que me quedou  daquela que che dei a tarde de domingo 22 de xaneiro , no News



Con Amor


Marta