luns, 19 de decembro de 2016

Santa Risa e os seus Milagres


Pequena Nápoli              Día de acción de Grazas







Hai uns minutos pensaba en matarme.Nada grave.Pero parecía preocupante.Sobre todo para min.Pois dependo de min para seguir viva.E claro, unha parte víase arrastrada na oscuridade pola corrente do monótono e anodino, e por unhas costas cansas que semellaban pesar cal pedrolo ó lombo .Dolorida como un polbo mazado vivo.Non sei si ós polbos lles doerá moito cando os mazan, sobre todo porque se soen mazar mortos.Pero un polbo vivo mazado, sentirase apaleado como as miñas costas culpabeis, de sabe deus cantos inventos?Un deles e moi recurrente: O da morte.
De pronto antóllaseme unha tapa de morte á feira e sempre hai un esceario, e ningunha testemuña aparente que poida evitalo.
Menos mal que me mata a preguiza, para salvarme de facer calquera parvada, que non sexa a mellor: Matarme de risa.

E por unha ventá chegou a pomba.
Gris.Sen cursilerías.Co papo irisado e común das prazas compostelanas, no tempo en que os que van a menos se deteñen e dan de comer ós que van a máis...Esa pomba petou na ventá cunha canción de Nadal .Pódelo crer? Qué cousa máis ridícula e dramática á vez?
Quen pode entón permanecer na penumbra, cando unha pomba gris trae unha canción de Nadal de Mariah Carey?Mirei

Foron uns segundos.Cando unha risa.ParecequefoiDeus! Cando outra! E xa a miña renacera.Como chegada doutro mundo.Rínme.E unha pomba salvou o meu canto outra vez.





Con Amor

MaPA





P.D.

Con Amor para ti, Alquimista
e para o teu exército de Anxos de Compostela.En especial ese que fai coreografías cos brazos mentras apunta co soprete de fundir metais a tódolos lados...

GRAZAS POLA RISA QUE NOS SALVA

Quen salvou ó ornitorrinco.Dous hipopótamos na tua cama.E cousas para aquelar...





Hai unha farsa e un drama.E un nauseabundo e morboso ensimismamento no que fago.

Hai tempo que non che pido música.
Ti sabes de gardar segredos amosándoos en público.
Só quen sabe, sabe, que o evidente pasa desapercibido no seu misterio e na sua intriga, con facilidade.
Dous amantes que se bican nun bar, bébedos.
Sempre será a bebedela e non eles e as suas ansias.
Igual ca os cartos agochados ó ladrón, no lugar máis obvio e absurdo, por exemplo
dentro dun paquete de compresas.

Oh! Delicioso íntimo amosado en público e nunca visto.
Porque o ollo humano, tamén se acostumou a pensar...





Marta




P.D.
Sacúdeme un recordo musical que fenda a miña rabia e tristeza e me deixe erupcionar.

Agasállame música Alexandre

As pequenas gravedades do esquecemento.


Pequena Nápoli            o luns antes do Nadal '16








E na penumbra véxote nacer como un corazón que latexa nun corpo morto tirado ou apousado na neve.

Non me é indiferente
Ningún cadavre  de animal xacente no asfalto.
E sen embargo paso de largo
e penso por un intre qué pasará
con ese corpo desalmado.
Pudrirase e secarase ó sol ata ser
un ser diferente, un despoxo en pel
vísceras e esquelete?
Virá alguén a quitalo?
Daralle digna sepultura nun lugar sobre a terra ou dentro dela?
Quen se acorda dese gato morto na carretera?




.