mércores, 9 de decembro de 2015

Amgnosis...

Día trescentos corenta do ano que pasa.
Pequena Nápoli.






Vivo nun zoolóxico.
Sigo aquí , onde me deixaches.
Sobrevivindo a cada día que foi.
Esqueciches levar contigo o importante.
Obrígasme ao compromiso de ir a voltarcho.
De chegarte cando estés na horta coas mans na terra , collendo tomates .
Amamantando coa mirada , cada día
ás sementes e ó xermolo.

Eres sabia.

Inda sigo durmindo nas hospedaxes de carretera.Xa non viaxo a buscar respostas.Prende inda do meu olfato a peste
o aroma agrio da suor de centos de desesperados que pasaron fumando nun cuarto pechado.
Onde todo é denso.Como humidade dunha cova.

E choro e déixome amar pola desesperanza.

Mentras estas letras me unen a ti. Quimera ou Utopía .

Que alguén corte o que nos ata.

Non podo ser felíz.







Con Amor :

Nadia