martes, 21 de novembro de 2017

Vestida de Vida



Non hai sequía en min Félix.
Hai asolagamento.
Non estou baleira.  Estou obstruída.
E non me falta a inspiración porque non me falta Dios.
Agora a tua musa son eu. E nen sequera eu.
Senón a ponte cara ti a través de
de min.E non de min: Deste intercambio de palabras.
Tampouco das palabras, se non da sustancia que se quere revelar por elas.
Mais , esa sustancia , xamais pode ser contida nas palabras.
A Poesía para min é un intento.
Hai algún texto, lectura, letra...Que poida transmitir a verdadeira sensación?
Só poden evocar, as palabras.
Inda así, como refería Valle-Inclán en "La lámpara maravillosa ", existe " el milagro musical".
Respondo porque quero escribir.Escribo como respiro. E a veces esquéceseme respirar.
Pero despois de todo, e despois de respirar, queda a esencia, ata onde quere levarnos a senda poética.
Ti tés as tuas respostas.E as tuas preguntas.
Onde viven as musas?
Nunha rúa.Nunha casa.Nun lugar.Pero sobre todo na túa imaxinación e na necesidade de chegar a Dios.Alcanzarte despois dos teus confíns racionais.
De onde ningunha palabra volta.


Un abrazo.
Marta Pedrosa Agra


P.D.
A fenda é un aparato para sair...