xoves, 28 de abril de 2016

O meu amigo o vento

Pequena Nápoli          Catro de outubro.2015. Catro e catorce da madrugada.

Sinto o teu bater nas portas e na Voz.Respírote.Énchesme de doces aromas.Entra a luz do mencer contigo nesta noite.










Navegando na espesa néboa do desvelo.
Navegando por augas do insomnio.
No delirante berro xordo da madrugada
dos que non dormen.
Nin fan. Nin están.

Volto a ter asilo no escribirte.

É como se a túa casa fose a única casa que ten luz
dun bloque de casas que só teñen can que ladra.

Veño, a contarte cousas miúdas, ailladas do mundo e das suas grandes cousas.Lonxe
dos libros, nos que está escrito todo
Pero ti non.
Nin eu tampouco.
Quen nos escribe ?
Somos nós sobre a nosa feble memoria ?
Ou sobre a longa memoria das células?
Quen te lé todo a ti? Cos teus segredos .As tuas luces.E as tuas sombras.
Quen me lé todo a min ?

Quizais alguén me asexe, e me debuxe á sua maneira.
Quizais sexa unha persoaxe insolente vivindo nunha historia, na que non se acomoda.

Escribir...
Máis importante que a dirección era escribir.
Por iso as cartas chegaban a ningunha parte.
A ese preciso e inhóspito lugar da desmemoria.
Escribía compulsívamente.

Escribir...



Quizais para facer preguntas :



Onde está

Esa seriedade precisa para saberse
rir dunha mesma

Para escoller das emocións
o suceso
E converter o suceso en emoción .






Grazas por recibirme, por facer destas letras aire...Vento que zoa na madrugada.Vento que enfrenta.E que alenta.Coa mesma intensidade.


Con Amor

Marta







P.D.
Vivo o momento Amor, sen a intensidade que fai do efímero, un instante eterno.