xoves, 20 de agosto de 2015

DEBÍU SER O ANDASO...

  

                                                                                        Agosto 20 , do 2015


Extremo noroeste de Capito. Cabeza costeña de Nova Napoli.






Confésote a  urxencia.

A frustración que isto exerce sobre a miña capacidade intelectual.
Apenas podo ler.
A lectura voltouse fame e aturdimento. Non comprendo o que leo , e cánsaseme a vista en poucas liñas

Atopei por fin , os documentos que me deixaches , e agora que me dispoñía a traballar sobre eles , resulta que non podo .
É como se tivese un empacho e xa non me collese máis información , e a que retiña , se fora diluíndo sixilosamente.


Sei que o tempo abrevia. Igual ata me arrepinto. De qué? Se pouco a pouco vou perdendo conciencia...

Dixéranme que isto pasaría , e que tiña que deixarme ir sen tentar reter nin aferrrarme a nada .
Sabes o que iso significa ?

Un suicidio egótico.

Outro máis .
Xa non é o primeiro . Sabémolo. Pero estou cansa .Moi cansa de ter que vivir deste xeito. Vivir morrendo...
Ser consciente da miña inconsciencia aflíxeme.

Xa non podemos comunicarnos polos soños, tampouco. A información que agora chega queda retida dentro de emocións das que fuxo ao longo do día , sen saber por onde vai saltar a lebre, mais sabendo que saltará.

Cómo me podo preparar ?

Por un tempo , estiven no acertado. Tomei durante uns días o antídoto , mais precisei de constancia e ó mínimo obstáculo , abandoei.

Porque non hai FORZA cando unha se identifica coa emoción e cos pensamentos.


Pregúntome , se entenderías algo desta carta se non me coñeceras. Pregúntome se o único que fago é pasarme  de células a bits para chegarte como fume e que me respires.
Quizais o único xeito de comunicarnos  sexa este.
Covertíndome en ti , sen ser ti.




Hoxe escachei de novo duas das figuriñas de porcelana cativa que gardaba da infancia, cando descubrín que ao guindar unha peza contra o chán , era posible botar fóra , aquilo que dentro se instalaría nas zonas negras do recordo e que podería crear inevitablemente a parasitaria máscara do rancor.


A máscara é cambiante . Ti lembras as suas formas , das máis brillantes ás máis escuras.
Eu, lembro os teus abrazos e do suave e poderoso tacto das tuas máns que chegaban ao meu verdeiro rostro , á miña pel núa . Á orixe do meu ser.Atravesabas Sempre a  máscara.


As tuas máns son hoxe pombas e bolboretas brancas que me sacan do lugar onde as palabras atrapan.

Son

E serán


E seguirán sendo


As miñas máns.







Un abrazo





XA non hai Urxencia.


Todo o que se desprende queda integrado





Con Amor


Mapa





Nota :

Por aquí perto , en Palmeira , dín que hai unha expresión dos vellos de antes que fai referencia a aquilo que ocorre inexpricablemente , como o paso retorcido dun trasno que ocasiona Urxencia , dise cando isto ocorre :

   " Debíu ser o Andaso..."