martes, 3 de xaneiro de 2017

Tempo incontido

Non podo, se non sentir mágoa.E esa contención de aire na gorxa cando precede ás bágoas.
Non podo, se non decir nada. Encollerme no que foi e rodar coma un canto
Sen auga.Sen aire

Hai tempo que non sei de ti.Tanto, que cuestiono se algunha vez existiches, ou coma sempre, che imaxinei no meu delirio de soidade.

Mencionáchesme algunha vez.E outras liches a miña carne en soños.Eu era tinta de auga de amar.
Daquela chovían tódolos abrís e a miña porta pemanecía pechada.
Pero ti viñeras, en forma de carta.En forma de pedra.En forma de aire.En corpo de letra escrita do ar onde nada se acaba nin nada comenza.

Neste contínuo pasar polos días xa non te acho e sei
que vives
Lonxe do que podo pensar...