venres, 16 de outubro de 2015

Se caio

Pequena Nápoli.Outubro.2015






Debussy vóltame a memoria da auga en "Reflexos na auga "

Nun destos reflexos as ondas que fai unha bolboreta caída nun remanso aos pés da fervenza, desdibuxa a idea na que estou absorta.As ideas en colisión.A alta velocidade.

Ela loita.Co aleteo das suas delicadas azas.Move a auga.Ata unha corrente de consciencia.

Podo vela.E non verme.Podo vela.E verme.

A sua  necesidade é a miña.

Por un intre o de sempre : Non fago nada.E deixo que ela se canse.
Por un intre segundo : Entra a compaixón como unha caída aprastante de conciencia dunha fervenza que se erixe das pedras ao ceo por riba da miña cabeza.
Por un intre terceiro : Escollo un só pensamento, e chámolle " acción ".Solución

Collo un pau.Unha póla rota dunha árbore.
Afóndoa na auga con suavidade.Con suavidade.A ese nivel superficial onde aletea a bolboreta.Agárrase.

Cansa e non vencida.Emerxe o pau coa bolboreta como morta.

Achégoa á miña rocha.Unha illa no paso do río.Apouso a póla carón da pedra.Lonxe das correntes.Hai luz do sol e vento.Temo polo vento.Que o vento a leve derrotada xa.

Ao seu carón , un cristal irisado chama ás Forzas do Universo. E a luz dalle calor.

Vóltome de costas a ela.Buscando o meu reflexo nas augas espello.E xa non a vexo.Sinto a efervescente vida voar...

Tras de min.Doume a volta.

A bolboreta voou.




" Oxalá os teus ollos
queiran verme
en ausencia de Todo
o que esperas "


Nota : O vento , era vento do Oeste .

Céfiro Amado

Con Esperanza

Marta