xoves, 21 de maio de 2015

Carta a O Carteiro





 Liña 9. Alma-Marceu.



Xoves día 21 de maio do 2015 . Nalgún lugar entre ceo e terra.




Dixéronme que marcharas onte ás once. Avisáronme esta mañá.Xusto cando se me pasaba pola cabeza dar unha excusa ás tuas expensas.Non o fixen. E sen querelo xa o fixera. " Hoxe non veñas ..."

Levabas dous días comunicándomo.

Teño que cumprir co meu deber.Seino. Qué outra cousa se pode facer?Non cumprir? Iso non está escrito, e todo o que esté fóra do Códice pertence á Nada. Non hai moitas opcións...

Finalmente estou aqui.

A piques de bater cun mercedes, e de caerme unha fiestra enriba na vella pastelería onde ofrecen intragabeis cafés e empanadas que non son empanadas e pasteis mataratas. Non pintaba nada alí hoxe, hai un intre, pero custábame escribirche, non quería escribir esta carta. Así que de camiño bebín toda a limoada que tiña na neveira, comín como se tivese a fame de días, fixen o tempo encargándome das tarefas que calquera outro día posporía.Baixei polas escaleiras. Saín e arrecedinte no aire.
Ía dereitiña a cumprir coa miña misión. Non quería. Quería non afrontar nada. Cobardía.Así que torcín á dereita e subín tres escaleiras negras. Vin a cara da dependenta de costas, unha clienta ofrecíuse moi amábel a que me atendesen primeiro : " Non levo présa" . Non quería. Entendes!?
Subín as escaleiras de caracol co meu café mal preparado, e sen pastel.Hoxe non. Ao fondo unha parella, ela con aspecto de "falsa adolescente" loira e dalgunha cidade de Inglaterra. Él moreno, musculado e  en idade de poder ser o seu pai. Pero non pasa nada ,porque os homes ...Xa sabemos o que dín as teorías do patriarcado sobre machos alfa e a bioloxía sexual masculina.Enchínme de ruído.A loira érguese da cadeira para amosar algo..Era a fiestra que a molestaba. Tenta pechala.Pero non pode , está en apuros.Así que o macho alfa, o home moreno de idade comprendida entre os corenta e cinco e cincuenta, moi ben conservado grazas a sabe él qué historias ou o adn , xa sabemos que a biloxía tanto serve para un roto como para un descosido.O home, galante , sae ao paso e trata de pechala fiestra, pero xa se sabe cómo son estas cousas, non lle resulta doado. Eu estou en primeira fila, butaca un . " Ten coidado, podería caerche enriba" díxome o moreno. A miña resposta foi que hoxe non , inda non.



Asi foi como souben que non podería burlar a misión.


Erguínme , recollín os restos do mal café con mal leite e baixei as escaleiras de caracol.
Crucei a rúa . Tentei fallar de novo, pero a forza empurrábame. Subín as escaleiras anchas dun edificio gris. Inda tiñan restos dun balón desinflado e unha lata de refresco nunha esquina.Cheguei á terceira pranta. Abrín a porta de cristal. Saudei como sempre á muller de loito. Non quería sentarme. Busqueite nos libros. Busquei algo para entregarte.

Porque hoxe meu querido amigo carteiro, non teño palabras para entregarche.

 Acedín unha vela na mesa hexagonal xunto a "siempreviva". Escoiteiche. E sabes que queda moito por facer.

Ti cumpriches . MOITAS GRAZAS por tanta vida. Pola tua xenerosidade. Pola boa mesa e boa compañía . Polo Amor que reflectían os teus ollos sobre tódalas cousas. Pola tua sabiduría.
Levabas unha carteira Grande . Moitas novas. Moi esperado.Ás veces portador da espada. Cómo te debíu pesar ALMA... Cantas vidas te agardaban!

Pola tua enteireza e oficio no existir humano: Segue...Segue o Camiño . Partes dun día de Luz cara a Luz.



GRAZAS POR EXISTIR.



Aqui queda moito por repartir


Lembra. Non hai Perda . Agárdante. Saberás onde baixar.


BOA VIAXE






ABRAZO UN




Mapa





Perdóame porque a mín tamén me pesan.

Sorrís  - Sorrío ...