xoves, 28 de maio de 2015

Carta perdida

Nalgures.Domingo vinte e catro de maio do 2015.


E innecesario sempre o sufrimento.

Sen embargo a dor e inherente a vida.
( Non atopes pracer nisto meu amor )


Non tiña pensado chegar tan lonxe.
Pero xa sabes o que me pasa cando me paso: Que sigo...

Agora atopome aqui a sabe quen, a cantos kilometros da casa.Percorrendo pistas de barro e pedras,cos seus buracos.Sentindo cada golpe que leva a chapa do coche como na miña pel.
E non se me ocorre dar volta.
O "adiante" atraeme e o atras,xa me queda lonxe.
Nin penso no que me agarda,tan so desexo chegar a unha carretera e atopar direccions.
Levo horas serpenteando esta montaña e nin rastro de home nin de muller nin de animal libre.
Comezo a ver espellismos nas polas dos eucaliptos.

Fun demasiado lonxe,seino. Nunca me gustou voltar.
Sen embargo o po que levanto ao meu paso nubrame a vision.
Rego os cristais para ver
e consigo que o barro se extenda.

Estou perdida.

Quero chorar.
Tampouco teño forza

Respiro a dor no aire . Quero berrar!

Berro.

Un chillido agudo e medroso. Queixume de bruxa ardendo na fogueira.

Resignome.Despois de todo...Sempre ,me gustou a aventura.
Despois de todo aprendin a serpenteala montaña esquivando os buracos.
O coche esta calmo,confia en min.Eu confio nel.Ambos nos acompañamos.

Si,escribo mentras conduzo.
Ata aqui non chegan as prohibicions. Podo facelo.
Este aparato ten un dispositivo que transcribe todo o que lle dicto por voz...
Mesmo podo tirar fotos,e ser o aparato quen as faga.

Ves...Non estou soa.
Nin rastro a vista de corazons que latexen mais agora a compaña ten microchips e esta informatizada.

Quizais fose isto o que me fixo irme e pensar que inda estas.Ahi.Nalgun lugar.Pero moi lonxe

Un abrazo

Seguirei aqui ata que volten os Anxos a rescatarme

Mapa